TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES 3 – SD FISTERRA 2

Merecida vitoria do As Pontes que sufriu ata o final por dous rigorosos penaltis

Sufrida vitoria do As Pontes ante o cadro de Fisterra, rival directo na loita pola permanencia, por 3 goles a 2, no encontro celebrado na tarde deste domingo no Campo de O Poboado. 

A pesar de que os visitantes levaron o peso do partido, con boas intervencións de Bugy, resaltando unha falta botada por Cespón que marcha rozando a cruceta (14´), os ponteses adiantáronse mediada a primeira parte cando Mitogo, tras recibir un balón de Iñaki, no bordo da área, regatea a un defensa, dispara, e acaba batendo a Bouzón axustando o balón moi pegado ao poste (22´). 

Trala continuación ampliaban a vantaxe os da vila mineira, pois Rubén Pardo, tras recibir un pase en profundidade pica ante a saída do porteiro e marcaba aos trinta segundos do seu ingreso no campo, o tanque de Ortigueira, un dos máis queridos pola afección (46´). 

Pero pouco durou a alegría dos azuis pois nun penalti que acabou pitando o colexiado ante a insistencia do cadro visitante acurtaba distancias Eloy, bo dianteiro coruñés, ex xogador dos azuis na 2012-13 e 2017-18, tirando o balón polo centro e enganando a Bugy (57´). Posteriormente sería substituído por outro ex xogador local, Jose Marcote, que militou na 2016-17. 

Incluso Alex Ramos realizou un forte disparo desde o lateral da área que buscaba a escadra cunha gran intervención de Bugy (64´). Pero tras unha xogada por banda dereita con centro á área de Cristian, tralo rexeite dun defensa, o balón acaba en Mitogo, que empala o balón ao fondo das mallas, facendo o 3-1 (75´). 

Pero pouco duraba a alegría outra vez pois ao As Pontes volvían a pitarlle outro penalti, mentres un empuxón a Iñaki dentro da área no 66´ non se viu. Nesta ocasión era Alex Ramos o que anotaba, acertando Bugy a dirección pero o balón ía moi axustado ao pau (78´).

De aí ao final os locais aguantaron o resultado a pesar do longo desconto, e novenos con 18 puntos, a próxima semana visitan ao Viveiro na antepenúltima xornada desta primeira fase.

3 CD As Pontes. Bugy, Pajaro, Dani, Mitogo (Óscar 93´), Quique, García, Pita, Del Río (Cristian 58´), Moya, Adrián (Pardo 46´), Iñaki. 

2 SD Fisterra. Bouzón, Bilal (Adrián López 83´), Pablo, Breixo, Aarón, Lado (Lobelos 83´), Nathiel, Cespón (Herbert 74´), Julián, Alex, Eloy (Marcote 68´). 

Goles: 1-0, Mitogo (22´). 2-0, Pardo (46´), 2-1, Eloy, de penalti (57´), 3-1, Mitogo (75´), 3-2, Alex, de penalti (78´). 

Árbitro: David Iglesias Melón (Vigo). Auxiliado por Adrián Seijo e Iván Mosquera. Amarelas a Cristian, Moya e Eloy. 

Incidencias: Campo de O Poboado. Uns 100 espectadores, en tarde fría e soleada. 

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios