DANI CASTRO PLATA INDIVIDUAL EN GUATEMALA

Remata unha xenial Copa do Mundo con dúas medallas

Dani Castro sumou esta noite a prata individual na Copa do Mundo de Guatemala tras caer na gran final ante o indio Atanu Das por 4-6. O indio gañou o primeiro set 28-29, Dani os dous seguintes, 28-26 e 29-27 ata poñerse con 4-2, pero os dous definitivos os sacou o arqueiro asiático con 24-28 e un espectacular 29-30 final.  

Unha magoa porque o bo arqueiro indio, segundo da previa, acumulaba once medallas internacionais, cinco pratas, seis bronces, pero ningún ouro. Bronce o mexicano Alvarado e cuarto o holandés.

Precisamente en semifinais vencera Dani ao neerlandés  Steve Wijler, nin máis nin menos que Campión Europeo ao aire libre, e do Mundo Indoor, en 2018, nun emocionante duelo, con empate nos dous primeiros sets, triunfo de holandés e pontés por un punto no terceiro e cuarto, e outro empate no quinto, co 5-5, e un 9-8 de Dani na frecha de desempate que daba o pase á final. 

Se resarce Dani do seu infortunio internacional, pois en 2014 fora cuarto individual no Europeo Cadete de Eslovenia, e tamén con Alvariño foran cuartos por equipos nos Xogos do Mediterráneo Tarragona 2018. 

Hai unha longa lista de ponteses medallistas internacionais ponteses, moi meritorios, pero centrándonos nos Campións, do Mundo, sete, Iván Pena, de Waveski Surf por equipos en Portugal 2016 e de Paddleboard en China 2019, Jose Cope, de Karate USKA en EEUU 1990, Artemio Formoso de Tiro Handisport en Benamejí 2010, Jose Antonio Meizoso de Futbolín en Punta Umbría 2016. Roberto Rivera fixoo como Seleccionador Español sub21 de Kayak Polo en Xapón 2004. 

Sumase Dani co éxito de Guatemala 2021, e Alvariño, que ademais do triunfo no país centroamericano, xa gañara a final da Copa do Mundo en México 2015, e o ouro no Recurvo Mixtos en Turquía 2019.

Campións, de Europa, sete, Borja Prieto, de piragüismo, Sub23 Polonia 2004, K2-500 con Saúl Craviotto, David Rochela Fútbol Sub17 Bélxica 2007, Malena Mieres Fútbol Sub19 Suiza 2018, Antonio Polo de Piraguismo Maratón de Veteranos en Portugal 2013 e 2017, Gabi Tembrás Junior de Taekwondo Poomsae Freestyle en La Nucia 2013, e Mario Calzas Campión de Europa Cadete de Patinaxe en Eslovenia 2001 e da Copa de Europa Alevín de Alcoy 1999. 

Alvariño é o único que dobla título continental e universal, pois tamén gañara o ouro individual nos Xogos Europeos de Bakú 2015, ademáis de ser o único olímpico pontés. 

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios