O concello segue co seu plan de instalación de novos parques infantís, e mellora dos existentes, asi mesmo o venres abrirase o parque municipal

[aspontes.com] A intención destas iniciativas é ofrecer aos pais diferentes emprazamentos no pobo ós que acudir cos seus nenos e nenas, e que conten cuns bambáns en condicións. O pasado venres rematouse coa instalación do parque da canle IV, que xa está a pleno funiconamento, e en breve vaise sumar o de a Casilla, no que se están a ultimar os traballos da súa execución. O vindeiro de nova instalación será o da Rúa Celso Emilio Ferreiro. No tocante o máis grande, o central ubicado a carón dos xardíns municipais, será sometido a unha profunda restructuración a partir de agosto.


Anque esta semana se abrirán xa os xardíns, o parque seguirá aberto ata que pasen as festas e remate o mes de xullo, polo que non se acometerán os traballos ata o mes de agsoto.
O obxectivo e dividir o parque en zonas de xogo, con columpios agrupados dun xeito específico, entre a zona de 0 a 3 anos, e a dos maiores desta idade. Asemade habilitarase unha zona como parque biosaudable, para adultos e, sobre todo, terceira idade.
O concello vai investir da orde duns 200.000 euros neste plan de implantación de novos parques, e remodelación do do centro da vila.
E temos que lembrar tamén que o venres se abre xa o parque municipal, logo do profundo lavado de car a que foi sometido.
Os novos xardíns non se semellan nada ao labiríntico deseño que quedou xa superado cone sta aposta pola luz, amplitude, e os espazos abertos, coa fin de facer un espazo público máis acolledor.
Se o tempo o permite, nesta reapertura oficila teremos aocasión de gozar da música da banda de música de As Pontes, do grupo pontés gin tonics songs. Asemade, tamén haberá un espectáculo de malabares para os máis.
Neste acto tamén será posible desfrutar dunha exposición de fotos antigas do parque como recordo da paisaxe de fondo que ten sido de moitas actividades na historia recente do noso pobo.
No caso de que finalmente chovese, abriríanse igualmente os xardíns, pero aprazaríanse as actividades paralelas.
De calquera xeito poderemos xa esta fin de semana desfrutar de uns xardíns que se van abrir á cidadanía cunha ampla superfície, na que o maior protagonismo será para o céspede, ata cubrir unha superfície de case 6.000 metros cadrados.

También podría gustarte
Comentarios