Cursillo piragüismo 2021
O curso está orientado ara nen@s de 8 a 13 anos; o único requisito é saber nadar.
Co fin de manter as medidas sanitarias fronte a COVID-19 os grupos serán de máximo 15 prazas. Seguiremos a normativa vixente en canto a medidas sanitarias de seguridade pola COVID-19 (uso de mascarilla, distancia de seguridade, etc…)
O curso desenvolverase en dúas tandas, de luns a venres e en dous horarios:
• 1ª Quenda: do 28 de xuño ao 9 de xullo
˝• 2ª quenda: do 12 ao 23 de xulloHorarios: de 12 a 13h e de 13 a 14h.
Inscripcións en https://forms.gle/S4jMwwK6G6MDXvGC7
Data límite de inscrición 1ª quenda: 26 de xuño / 2ª quenda: 10 de xullo
Máis información no teléfono 675 95 22 87 e no mail xuvenil@gmail.com.
Roupa recomendada: camiseta e mallas (ou bañador) de lycra, escarpíns ou chanclas para os pés; calzado e roupa de deporte para cando non están na auga, toalla, biseira e protección solar.
