CAMBIOS NO GRUPO MUNICIPAL DO BNG
Na próxima reunión do Pleno do Concello das Pontes aceptaranse as renuncias de Susana Vilaboy Cabarcos e de Xaime Castro Paz, concelleir@s do Grupo Municipal do BNG que, por motivos de saúde, e seguindo as prescricións médicas, vense na obriga de renunciar ao posto para o que foron elixidos polas veciñas e polos veciños da nosa Vila nas eleccións municipais de maio de 2007, ao non poder cumprir coa dedicación que tal responsabilidade esixe.

Os novos representantes do BNG no Concello serán Anxo Meizoso Permuy, veciño de Goente e membro de Galiza Nova das Pontes, e Paco Rodríguez Iglesias, que xa fora concelleiro na anterior lexislatura, co que o Grupo Municipal nacionalista segue a manter unha das súas características: a combinación equilibrada da experiencia coa renovación -no seu máis amplo significado-.
Asamblea Local das Pontes, 19 de maio de 2009