RESULTADOS DO GRUPO XUVENIL DE PIRAGUISMO NO CAMPEONATO GALEGO DE SPRINT PARA AS CATEGORÍAS INFANTIL E CADETES.
VERDUCIDO (PONTEVEDRA) 3 E 4 DE XULLO DE 2021.
Esta fin de semana os padexeir@s do Grupo Xuvenil de piragüismo desprazáronse o encoro do Pontillón do Castro en Verducido para disputar o Campeonato galego de pista. O sábado competiron as infantís na distancia de 500 metros, cos seguintes resultados:
- Carmen Alén Bellas acadou o posto 21 en muller infantil B
- Nerea Tojeiro Tojeiro acadou o 25 en muller infantil B
Na distancia de 1000 m. Xalo García Paz acadou o posto 30 na categoría home Infantil A.
Na xornada do domingo foi o turno da categoría cadete no que as duas padexeiras pontesas acadaron os seguintes resultados:
- Ada Fernández Pita 3ª clasificada na categoría muller cadete 500 m
- Inés Domínguez López 19º posto na categoría muller cadete 500 m
- Ada Fernández e Inés Domínguez 8º posto no K-2 muller cadete 500 m
Nova cortesía do Grupo Xuvenil