Amigus
As Pontes

O As Pontes despídese da liga cun encontro diante do Boiro

[Diario de Ferrol] O CD As Pontes pasa páxina esta tarde dunha irregular tempada que o levou a disputar estas últimas xornadas en terra de ninguén. Afortunadamente tampouco tivo que verse en apuros de última hora, malia que nalgúns intres da campaña temeuse que isto acontecera.


Agora, para pechar a liga, xogan contra un Boiro ó que, cando menos, poden superar na táboa se o vencen no choque que se disputa a partir das seis en O Poboado.
Pode ser tamén unha xornada para despedidas, xa que o vindeiro ano se vai afrontar un novo proxecto no que repetirá como presidente Xaime Castro, despois de que non existirán máis candidatos, polo que estará ó fronte da entidade outros catro anos. A vindeira semana anunciará os homes que formarán parte da xunta, na que haberá algunha cara nova.
O actual presidente, logo de cesar no seu cargo por cumprir mandado, presentouse á unha relección que é automática ó non terse presentado máis candidaturas, e agora deberá presentar un proxecto que volva ós azuis ó grupo de aspirantes ó ascenso.
De momento esta tarde, diante do Boiro, poderemos ver un equipo moi semellante ó destas últimas xornadas, aínda que reforzado na liña ofensiva coas altas de Pedro e Amado, no sitio de Hugo e Esmorís.
Os convocados, ademáis dos dous mentados, son: Ángel, Marcos, Chote, Brais, Boo, Rivas, Seco, Jorge, Alonso, Pablo, Troncho, Carballeira, Moreno e Rebolo, polo que non entran definitivamente Dani Fernández nin Alberto, malia que están xa a adestrar co conxunto, pero sobre todo o primeiro está falto de ritmo logo de pasar case toda a tempada lesionado. Tampouco poderá despedirse Piru ó que os problemas de pube semella que o van obrigar mesmo á retirada.
O adestrador, Alberto López, confía ca sua formación logre os tres puntos e deixe un bo sabor de boca os afeccionados que se den cita no Poboado. En canto a súa continuidade, non se falou do tema e farase a vindeira semana.

También podría gustarte
Comentarios