BNG: MOCIÓN SOBRE DAS ACTUACIÓNS COMPLEMENTARIAS ÁS OBRAS DE ESTRADAS PROMOVIDAS POLA XUNTA DE GALIZA NO CONCELLO DAS PONTES.

D. Xaime Castro Paz, na súa condición de portavoz do Grupo Político Municipal do BNG no Concello das Pontes, e na súa representación, presenta a seguinte
MOCIÓN SOBRE DAS ACTUACIÓNS COMPLEMENTARIAS ÁS OBRAS DE ESTRADAS PROMOVIDAS POLA XUNTA DE GALIZA NO CONCELLO DAS PONTES.


ANTECEDENTES
Escritos presentados no Concello por particulares e AAVV dende setembro de 2003.
Escritos do Concello dirixidos á Consellaría de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda (con posterioridade, Consellaría de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes) dende setembro de 2003, e reunións coa Dirección Xeral de Estradas.
ACORDO
Punto único.- Solicitar da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras a execución das actuacións complementarias ás obras de estradas promovidas pola Xunta de Galiza en As Pontes que se relacionan a continuación:
a.- Estrada AC-861 Vilalba-Ferrol.
Novo trazado dende a súa intersección coa Avenida de Lugo (pk 26+070) ate a rotonda de acceso á autovía Ferrol-Vilalba e á estrada AC-142 As Pontes-Cabanas (pk 29+020), que contemple, cando menos, as seguintes actuacións:
a.1.- mellora da intersección coa Avenida de Lugo (pk 26+070) mediante execución dunha nova rotonda ou, no caso de imposibilidade técnica, dunha ampliación do carril que facilite a incorporación cara a Vilalba;
a.2.- transformación da intersección co estrada de acceso ao Polígono de Os Airíos (coñecida como “rotonda dos patos”; pk 26+630) nunha glorieta pechada;
a.3.- mellora do trazado na denominada “ponte da Central” (pk 27+450);
a.4.- mellora da intersección coa CP-1802 Ribadeume-Goente (pk 28+370), incluíndo a supresión da denominada “ponte das cintas” (pk 28+570).
b.- Autovía AG-64 Ferrol-Vilalba:
b.1.- inclusión de Espiñaredo nas sinalizacións verticais das saídas número 26;
b.2.- inclusión de As Pontes nas sinalizacións verticais das saídas número 36;
b.3.- mellora do acceso dende o polígono de Os Airíos, cun trazado alternativo, que podería contemplarse dentro da obra Airíos-Momán;
b.4.- arranxos de varios camiños de servizos (dende a pista da Rega a Pedrafita – marxe dereita cara Vilalba -, na Pedrafita ate a Ponte – marxe esquerda -, …);
b.5.- eliminación do verquido de material excedente existente preto do río Lavadoiro;
b.6.- selado de noiros.
c.- Estrada AC-564 Cabanas (A-9)-As Pontes (AC-861):
c.1.- prolongación das beirarrúas existentes no núcleo de Goente ate o cemiterio (pk 18+990) pola marxe dereita, e ate o núcleo de As Congostras (pk 18+350) pola marxe esquerda;
c.2.- paso elevado para discapacitados (pk 18+600);
c.3.- acondicionamento da parada de transporte escolar no lugar de Pena do Tizón;
c.4.- asfaltado dos camiños de servizos pendentes (Maciñeira-Penapurreira, Monte-Penapurreira, …);
c.5.- colocación da sinalización vertical pendente nas saídas ao parque empresarial de Penapurreira, Porto dos Frades, Maciñeira, e Saa.
d.- Estrada AC-101 As Pontes (AC-118)-Ortigueira (AC-862):
Mellora dos accesos aos núcleos de Cervicol, O Deveso e O Freixo.
As Pontes, 29 de maio de 2009
O PORTAVOZ DO G.P.M. DO BNG
Asdo.: Xaime Castro Paz

También podría gustarte
Comentarios