Amigus
As Pontes

BNG: Plan E

Escrito que o Grupo Municipal do BNG ven de presentar no Concello das Pontes solicitando documentación referida ó Plan E.


D. X. Ramón Gato Bañobre , na súa condición de portavoz do Grupo Político Municipal do BNG no Concello das Pontes, en relación coas obras xa executadas do Fondo Estatal de Investimentos Locais,
S O L I C I T A
a seguinte documentación referida a cada unha das mesmas:
– memoria explicativa incluída na solicitude, segundo o establecido no apartado Terceiro (Requisitos das solicitudes) da Resolución do 9 de decembro de 2008, da Secretaría de Estado de Cooperación Territorial do Ministerio de Administracións Públicas (B.O.E. do 10 de decembro);
– documentación referida ao contrato, segundo o establecido no apartado Quinto (Adxudicación das obras) da Resolución do 9 de decembro de 2008, da Secretaría de Estado de Cooperación Territorial do Ministerio de Administracións Públicas (B.O.E. do 10 de decembro);
– documentación xustificativa do remate, segundo o establecido no apartado Sexto (Remate e xustificación da inversión) da Resolución do 9 de decembro de 2008, da Secretaría de Estado de Cooperación Territorial do Ministerio de Administracións Públicas (B.O.E. do 10 de decembro).
As Pontes, 2 de setembro de 2009
O PORTAVOZ DO BNG
Asdo.: Ramón Gato Bañobre

También podría gustarte
Comentarios