Rexional Preferente: CD As Pontes 1 – 1 Laracha

Empate a un gol entre As Pontes e Laracha no partido disputado hoxe no Campo do Poboado.
CDASPONTES 01.jpg


CD AS PONTES 1. Marcos, Rivas, Jorge (Dani 69´), Chote, Brais (Gorgojo 75´), Pablo, Iván González, Carba (Suso Peña 45´), Adriano, Bossa, Álvaro (Parada 45´).
LARACHA 1. Pesudo, Miguel, Javi, Cristobal, Villar, Bolo (Riberto 66´), Josiño (Rebolo 69´), Miguel, Brais (Eloy 77´), Josito, Sito (Rivas 90´).
Campo e incidencias: Campo de O Poboado. Uns 200 espectadores.
Árbitro: Fernández Lodeiro (Vigo) Auxiliado nas bandas por Zas e Carlos. Cartón amarelo para Cristóbal, Villar, Javi e Parada. Expulsou a Josito (88´), Adriano (94´) e ó preparador físico visitante.
Goles: 0-1, minuto 39, Josito. 1-1, minuto 79, Parada.
Empate a un gol entre As Pontes e Laracha no partido disputado hoxe no Campo do Poboado. Tivo una boa ocasión Iván González no 15´ pero mandou o balón por alto. Máis clara foi a dos visitantes no 30´cando un trallazo de Sito foi ó longueiro.Pero si marcaron no 39´ cando nunha indecisión de Brais con posible falta en ataque o balón acaba nos pés de Josito que define ben ante a saída de Marcos. Na segunda metade ocasión para Iván González (50´) e Sito (73´), ata que no 79´ Parada controla na área, revólvese e marca un golazo. De aí ó final os locáis foron a pola victoria tendo dúas boas ocasións Adriano e Iván González no tempo de desconto, pero o marcador non se moveu e dous valiosos puntos escaparon do Campo do Poboado.
CDASPONTES 02.JPG
CDASPONTES 03.JPG
CDASPONTES 04.JPG
CDASPONTES 05.JPG
CDASPONTES 06.JPG
CDASPONTES 07.JPG
Cortesía de Antón e Xosé Ferreiro (cracks!)

También podría gustarte
Comentarios