Amigus
As Pontes

Sincronizando Evolution con Horde

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Para todas e todos os que esteades traballando con Evolution e Horde e teñades problemas de sincronización coas libopensync (en x86_64 en gentoo, aínda non son estables…) tedes unha solución simple e limpa: syncevolution.
Con este aplicativo, poderedes sincronizar facilmente os dous xestores persoais.
En primeiro lugar teredes que baixar o syncevolution de http://syncevolution.org/. Se vos decidides por compilalo vosoutros, recoméndovos a versión 0.8, xa que coa 0.9 teño misteriosos problemas de execución ¿?.
Para poñelo a funcionar, tedes que seguir os pasos de sempre:

./configure
make
sudo make install

Así xa o tedes funcionando en /usr/local/bin/syncevolution
syncevolution.png


A configuración é algo máis liosa, pero non menos fácil…
As configuracións gardaranse en $HOME/.config/syncevolution, un cartafol por servidor co que queiras sincronizar. Pero para crealos, mellor que o faiga o aplicativo 😉

/usr/local/bin/syncevolution –configure –sync-property “username=123456” –sync-property “password=!@#ABcd1234” scheduleworld

Evidentemente, cambia o nome de usuario e o contrasinal polos que usas para conectarte co servidor. Usamos para comezar o scheduleworld, que aínda que é un servicio que non imos a usar, fainos o traballo igualmente.
Así, se votamos un olo ó cartafol $HOME/.config/syncevolution, veremos un cartafol chamado scheduleworld. Como imos a sincronizar con Horde, podemos cambiar o nome do cartafol por Horde, así teremos as cousas algo máis claras cando queiramos tocar a configuración dentro duns anos 😉
Despois disto, entrar no devandito cartafol, e a tocar arquivos… é todo bastante evidente, salvo no config.ini do cartafol Horde, que a variable syncURL debe ser http://servidor.onde.tes.horde/cartafol.onde.tes.horde/rpc.php.
Unha vez o teñas todo listo, executas:

/usr/local/bin/syncevolution Horde

E que traballe 😉

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios