Amigus
As Pontes

Publícase a memoria da escavación do círculo lítico da Mourela

A editorial Andavira vén de pór á venda os resultados da escavación da Mourela, a través dunha publicación que leva por título “Círculo de Engaños: Excavación del cromlech de A Mourela”. A obra, que está asinada polos arqueólogos Andrés Bonilla Rodríguez e Ramón Fábregas Valcarce, pódese adquirir nas librerías e ten un custe de 25 euros.
9788484085430.jpg


Dende finais do s. XIX o conxunto de A Mourela (As Pontes de García Rodríguez, A Coruña) cos seus dous círculos líticos configurouse como uno dos elementos máis senlleiros do fenómeno megalítico de Galicia. Non obstante a destrución dos recintos pétreos, pouco despois de seren dados a coñecer por F. Maciñeira, fixo que durante un século estas construcións caesen nun esquecemento case total. A comezos do s. XXI a ameaza que supoñía o trazado dunha autovía fixo que o Círculo Maior saíse do seu sono centenario, propiciando a súa escavación integral e unha investigación minuciosa e interdisciplinar, que deu como resultado un xiro completo á súa secular adscricción megalítica.

También podría gustarte
Comentarios