Amigus
As Pontes

Final da campaña Merca Nas Pontes

A campaña de Merca nas Pontes 2009 chega ao seu fin o vindeiro 9 de xaneiro cos últimos sorteos e cun espectáculo para os máis pequenos da casa.
Este ano a campaña involucrou ao sector hostaleiro que xunto co comercio, quixo que algúns dos seus clientes viran recompensado o seu consumo a través de diferentes premios.


Así, durante este período repartíronse 2.000 € en vales de compra e cuxos afortunados poderán gastar o premio en establecementos como: Pastelería Mary, Librería Jaime, Calzados Saavedra, Calzados Pajón, Óptica Cortizas, Cadena 100, Texas, La Estrella, Xoería Carballeira, Deko Logas, Consultoría-Gestoría Xestcourido, M.J Hogar lencería, Mercería López, Iria, Ramil, Perfumería Lesi.
Pero aínda quedan máis agasallos para este último día:
– Entre os clientes do comercio, repartiranse 2.000€ (1.000 € para unha única persoa e cinco vales de compra por valor de 200€ cada un)
– Entre os clientes da hostalería, sortearase a cesta que estivo exposta na Casa Dopeso durante estes días.
Todo isto farase no transcurso da xornada do día 9 que comezará as 17:30, na Casa Dopeso, coa actuación do MAGO TETO, presentando o seu espectáculo máxico co que abraiará a todos aqueles nenos e nenas que queiran asistir. A entrada será gratuíta.

También podría gustarte
Comentarios