RESULTADOS DO PADEXEIRO DO GRUPO XUVENIL ANTONIO POLO CAMPELLO NO CAMPEONATO DO MUNDO DE MARATÓN

O padexeiro e adestrador do Grupo Xuvenil de piragüismo Antonio Polo compiteu nos campeonatos do mundo de maratón que se celebraron en Ponte Lima (Portugal) no que participarón 506 deportistas de 30 países.

O Luns día 26, Polo que compiteu no seu grupo de idade 45/49 anos no k-1 sobre unha distancia de 30 km e sete porteos, acadando a medalla de bronce, detráis de outros dos padexeiros españoles. O martes en K-2 sobre a mesma distancia  facendo parella co padexeiro vivariense Alberto Pigueiras remataron en 2ª posición detrais dunha parella sudafricana.Todo un gran esforzo o ter que disputar dúas probas en días consecutivos nunha especialidade moi exigente pola distancia e os porteos fora da auga.

Enhoraboa boa Polo

Nova cortesía do Grupo Xuvenil

También podría gustarte
Comentarios