Amigus
As Pontes

REXIONAL PREFERENTE. CD AS PONTES 2 GALICIA DE MUGARDOS 2

Dous puntos vitais escaparon do Campo do Poboado tralo empate no encontro de rivalidade disputado hoxe entre As Pontes e Galicia de Mugardos. O cadro local tivo que ir a remolque todo o partido tras adiantarse os visitantes pouco antes do descanso tras un corner que remata Óscar (42´). Na segunda metade, a saída de Parada revolucionou o partido para os locais e de feito marcou no 51´, pero pouco durou a alegría porque un minuto máis tarde un centro de Jorgito é cabeceado a gol por Pablo Lorenzo por parte de un Galicia de Mugardos que para nada amosou o seu 12º posto na táboa clasificatoria. De ahí ó final o As Pontes intentou darle a volta ó marcador e tivo boas ocasións por medio de Chote, Parada, Alex Díaz e Bossa, a xogada de perigo dos mugardeses correu a cargo de Mario David no 80´ cun tiro á cruceta. Tan so puideron empatar os locais de penalti que transforma Bossa no desconto (92´) tras man na área de Juan Jesús. Moito se lle complican as cousas ós locais pois Dorneda e Betanzos escapan con 48 e 47 puntos e acheganse ó ascenso, Mesón do Bento é terceiro con 42 e o As Pontes cun partido menos suma 38.
cdaspontes_001.jpg


2 CD AS PONTES. Marcos, Rivas, Jorge, Chote, Manel (Brais 58), Dani (Pablo 45), Iván González, Carba (Esmoris 64), Alex Díaz, Bossa, Suso Peña (Parada 45).
2 GALICIA DE MUGARDOS. Javi, Rubén, Juani, Iván Sánchez, Pedreira, Miki, Puchi (Mario David 69), Juan Jesús, Pablo Lorenzo (Chollas 79), Óscar, Jorgito (Jose Ángel 89).
Campo e incidencias. Campo de O Poboado. Uns 250 espectadores, gran presencia de público mugardés.
Árbitro: Méndez Bouza (Ferrol). Auxiliado nas bandas por Sierra e Serrano. Amonestou a Rivas, Manel, Esmoris, Javi, Pedreira, Miki, Juan Jesús, Pablo Lorenzo, Jorgito, Chollas e o delegado Cata.
Goles: 0-1, minuto 42, Óscar. 1-1, minuto 51, Jorge Parada, 1-2, minuto 52, Pablo. 2-2, minuto 92, Bossa, de penalti.
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios