Amigus
As Pontes

RUGBI: PRIMEIRA ESTATAL: FENDETESTAS 22 OS INGLESES 41

Último partido da fase regular para un Fendetestas que se vai da liga sen puntuar.
O encontro, diante dun equipo pontevedrés que era o vixente campión da categoría, amosou unha vez máis a evolución, aínda insuficiente do equipo local.
Os verdes levaron o peso do partido toda a primeira parte, e foron sempre por diante no marcador.
Xa no segundo período, ó Fendetestas volveu sobrarlle o último tramo, ó que chegaron mellor os visitantes, que fixeron cinco trocos.
FENDETESTAS 22 OS INGLESES 41


Pola contra, os locais contaban cos quince xogadores xustos, e deberon sufrir primeiro a expulsión de Mogollón, e logo sobrepoñerse á lesión de Nico, o que os deixou con tan só trece homes no campo.
Os últimos minutos daban así ó traste, non só coas posibilidades de gañar o partido, senón tamén de puntuar, pois a diferencia final alonxou as expectativas serias de sumar puntos bonus por derrota mínima, e faltou un ensaio máis para sumar o cuarto, que tamén suporía un punto.
Xogaron: Nico, Moncho, Barbas, Cheewy, Andrés, Rafa, Mogollón, Rayito, Kiko, Alvarito, Toño, Miguel, Xose Cendán, Victor, e Tito.
Ó final esta dura liga rematou sen puntos para un equipo pontés que se atopou cun nivel moi superior ó da liga galega para a que estaba feita a plantiña ata quince días antes de empezar.
Se a isto se lle suma que faltaron grande parte da tempada homes como Moeche, Toño, Antón, Álvaro, e Fran, os resultados entran no previsible.
Agora toca pensar no circuito estatal de seven, e na Copa Galicia, empezando pola modalidade de sete, que comeza xa cando rematen as fases de ascenso.
Canto á Copa FER, para a que o fendetestas contaba con invitación, o Clube decidía renunciar á vista das dificultades que está a ter para cubrir un orzamento que se disparou coa participación nesta categoría, na que aínda quedan desprazamentos fóra da comunidade autónoma, no circuito de sevens, no que xa entran equipos de división de honra B, e división de honra, de todo o Estado.
Nova cortesía de Xose Cendán e Xose Ferreiro.
FENDETESTAS 22 OS INGLESES 41
FENDETESTAS 22 OS INGLESES 41
FENDETESTAS 22 OS INGLESES 41
FENDETESTAS 22 OS INGLESES 41
FENDETESTAS 22 OS INGLESES 41
FENDETESTAS 22 OS INGLESES 41
FENDETESTAS 22 OS INGLESES 41
FENDETESTAS 22 OS INGLESES 41
FENDETESTAS 22 OS INGLESES 41
FENDETESTAS 22 OS INGLESES 41
FENDETESTAS 22 OS INGLESES 41
FENDETESTAS 22 OS INGLESES 41
FENDETESTAS 22 OS INGLESES 41
FENDETESTAS 22 OS INGLESES 41
FENDETESTAS 22 OS INGLESES 41

También podría gustarte
Comentarios