LIGA DE VETERANOS DE AS PONTES 2022-23

Disputouse no Evaristo Puentes a última xornada deste 2022

Décima xornada da Liga pontesa de veteranos, e primeira da segunda volta. Tamén última deste 2022, polo que La Galaxia Venus será líder ata o inicio do 2023.

Nesta xornada gañaron os favoritos, La Galaxia 2-0 ante Electricidad J&O, A Cepa 3-0 a Bar Encanto, e a goleada da xornada foi o 5-0 de Estanco Mari Carmen ante As Pontes 74.

A gran sorpresa desta fin de semana foi a derrota do Muebles Eume 0-1 ante Jeycar, o que lle complica moito a Liga ao campión pois case os obriga a gañar os sete partidos que lle restan, pero si hai un equipo que pode facelo é o de Basoa.

Asi as cousas, remata este 2023 con La Galaxia Venus líder con 23 puntos, seguido de Estanco Mari Carmen con 21 e A Cepa con 20, quedando o Muebles Eume con 19.

Zona media para Bar Encanto Lecar 712 e Jeycar, ambos con 10 puntos, e 8 ten MMYPEM, que descansou nesta xornda. Na parte baixa 3 puntos suma Electricidad J&O e menos un o As Pontes 74.

Nova cortesía Xose Ferreiro e Felipe Mieres

También podría gustarte
Comentarios