Interesante xornada final da competición de liga de veteranos 2009/10, na que se decidiu o campión desta temporada. Farmavida tiña que facer o mesmo que Construcións Guerreiro para proclamarse campión. Non foi así, xa que a súa derrota diante de Mobles Eume, nun partido que comezou gañando, e o triunfo logrado por Construcións Guerreiro ante Los Bidones deulle título final ó equipo das Somozas. Tamén nesta derradeira xornada hai que salientar a primeira vitoria na liga do conxunto de La Galaxia despois de acadar nove empates e dez derrotas. Construcións Guerreiro foi o conxunto máis goleador, con 55 goles, seguido de Farmavida, con 52, equipo que foi o menos goleado, con 22 tantos. Os resultados desta derradeira xornada foron os seguintes:
MMYPEN  La Galaxia  (0-3)
Xuntanza  A Cepa  (5-2)
As Pontes 74  Santaballés  (4-0)
Mobles Eume  Farmavida  (3-2)
Los Bidones  Const. Guerreiro  (0-6)
Descansou:  Frutas Luis
Partido aprazado (21ª xornada)
Const. Guerreiro  Frutas Luis  (1-0)

CLASIFICACIÓN FINAL
1º Construcións Guerreiro    46 puntos
2º Farmavida                         44
3º As Pontes 74                     34
4º Santaballés                        34
5º Mobles Eume                    32
6º A Cepa                               32
7º Xuntanza                           29
8º Frutas Luis                        26
9º La Galaxia                          12
10º Los Bidones                        9
11º MMYPEN                            4
MÁXIMO GOLEADOR
Fernández (A Cepa)                 30 goles
Toni (Mobles Eume)                21
Vila (As Pontes 74)                  14
Michel (Frutas Luis)                13
Mariño (Farmavida)                 13
Salido (Farmavida)                   12
Felipe (Santaballés)                  12
Michel (Const. Guerreiro)        12
O porteiro menos goleado foi Luis Pico, de Farmavida, con 22 goles.
O 24 de abril comeza a competición de copa. Os once clubs foron encadrados en dous grupos:
GRUPO A
Santaballés
Xuntanza
A Cepa
Frutas Luis
Los Bidones
GRUPO B
As Pontes 74
Construcións Guerreiro
MMYPEN
La Galaxia
Farmavida
Mobles Eume
1ª XORNADA
MMYPEN  La Galaxia
Santaballés  Xuntanza
As Pontes 74  Const. Guerreiro
A Cepa  Frutas Luis
Farmavida  Mobles Eume
Descansa:  Los Bidones
Nova cortesía de A.F.











