FÚTBOL SALA: PRIMEIRA NACIONAL “B”: O ESTEO FS – LA CREMA NEGREIRA (7-2)

Cómoda vitoria do Esteo sobre La Crema Negreira (7-2) en partido de liga da primeira nacional B de fútbol sala disputado no pavillón municipal da Fraga ante uns douscentos espectadores.
Despois de tres xornadas sen gañar o Esteo logrou unha cómoda vitoria na casa diante dun Negreira que na primeira parte complicoulle algo as cousas ós ponteses. Adiantáronse os visitantes no marcador con tanto de Adrián, pero axiña remontaron os locais con tantos de Gerardo, Noé e David, chegándose ó remate dos primeiros vinte minutos con vantaxe mínima do Esteo tras o segundo gol visitante por mediación de Nacho. Na segunda parte o Esteo dominou totalmente a situación, creando claras ocasións de gol, das que subirían ó marcador dúas de Noé e unha de David e Gerardo. O Esteo segue na segunda posición a tres puntos do líder, Casas Brulak, que nesta xornada gañou en Cerdedo (2-5).
esteo_01.jpg


O ESTEO FS: Javichu, Anxo, Gerardo, Jaime, Rubi –cinco inicial- Fran, Noé, David e Diego.
LA CREMA NEGREIRA: Javier, Gonzalo, Richard, Nacho, Adrián –cinco inicial- Ángel, José e Sergio.
ÁRBITROS: Trincado Fernández e Menéndez Nistal, da Coruña. Expulsaron a Jaime, do Esteo. Tamén foron amoestados Fran, Noé e Diego, do club Esteo.
GOLES: Min. 5 (0-1), Adrián. Min. 6 (1-1), Gerardo. Min. 8 (2-1), Noé. Min. 12 (3-1), David. Min. 17 (3-2), Nacho. Min. 24 (4-2), Noé. Min. 36 (5-2), David. Min. 37 (6-2), Noé. Min. 38 (7-2), Gerardo.
Nova cortesía de A.F.
esteo_01.jpg
esteo_01.jpg
esteo_01.jpg
esteo_01.jpg
esteo_01.jpg
esteo_01.jpg
esteo_01.jpg
esteo_01.jpg
esteo_01.jpg
esteo_01.jpg

También podría gustarte
Comentarios