SENÉN BARRO, EX–REITOR DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO, SERÁ HOMENAXEADO MAÑÁ SÁBADO EN RIBADEUME

Senen_Barro.jpgO ata hai uns días reitor da universidade de Santiago de Compostela, Senén Barro Ameneiro, recibirá unha homenaxe mañá sábado na súa parroquia natal de Ribadeume durante a celebración da cuarta edición da Festa da Caza, que organiza a Sociedade do Medio Eume, entidade que agrupa a citada parroquia de Ribadeume e a de Bermui.
Senén Barro é catedrático da área de Ciencia da Computación e Intelixencia Artifical e un científico de recoñecido prestixio en Europa e Estados Unidos, tendo publicado cinco libros e preto de douscentos artigos sobre temas científicos. Dende 2002 a 2010 foi reitor da universidade santiaguesa e no ano 2002 pronunciou o pregón das festas patronais da vila de As Pontes.
O xantar de confraternidade estará amenizado polo trío La Clave.


Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios