Amigus
As Pontes

SEGUNDA DIVISIÓN B. O ESTEO FS 5 – SD XOVE FS 8

Derrota dun Esteo voluntarioso ante o gran equipo da Mariña

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Derrota do Esteo 5-8 ante o Xove no seu debut na casa nesta liga tralo serio correctivo en Alba de Tormes (10-4).

O rival do debut era un dos equipos menos desexables desta liga, xa que o Xove conta con varios ex xogadores de Primeira División, comezando polo goleador Matamoros, ex Inter, Burela, Azkar, ou Manzanares nesta última etapa, ou o clásico Iago Míguez, tamén ex do Burela e Industrias García.

Incluso o cadro lucense se da o luxo de ter unha dupla brillante na portería para cada parte, co veterano Edu, case toda unha vida no Burela tras comezar no Parrulo, e Brais, con experiencia en Segunda División en cadros como o ferrolán, Noia ou Santiago Futsal.

O cadro visitante fixo gala da súa calidade e marchou ao descanso con 1-3, e pese a garra do Esteo que foi quen de igualar 4-4 e 5-5, un golazo de Matamoros de falta pola escadra, e nos derradeiros instantes, xa con xogo de 5 para 4, outro gol do madrileño e outro de Iago Míguez a segundos do final situaban o 5-8 definitivo para un Esteo sen sumar no casilleiro con próximo partido tamén na casa ante A Estrada.

O ESTEO FS. Xeito, Héctor, Jandro, Jhony, Troncho – Sergio, Martín, Juan, Costi.

SD XOVE FS. Edu, Iago, Matamoros, Manu, Francisco – Brais, Marcos, Renato, Gabriel, Rubén, Gomes, Alejandro.

GOLES. 0-1, Manu (5´), 0-2, Rubén (9´), 1-2, Costi (12´), 1-3, Matamoros (14´). 2-3, Costi (22´), 2-4, Iago Míguez (24´), 3-4, Martín (25´), 4-4, Renato, pp (28´), 4-5, Renato (30´), 5-5, Sergio (31´), 5-6, Matamoros (33´), 5-7, Matamoros (38´), 5-8, Iago Míguez (39´).

Incidencias. Amarelas a Costi, Sergio, Héctor, Manu, Alejandro, Iago. Máis de 150 espectadores no Pavillón Municipal, moitos visitantes.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios