Amigus
As Pontes

PARTIDOS DA FIN DE SEMANA CD AS PONTES

O segundo equipo do As Pontes ven de empatar hai uns minutos a domicilio na casa do quinto clasificado, o Xuventude de Cabanas (2-2). Os locais son terceiros con 31 puntos, a tres de Caranza e Miño, pero teñen a catro ó San Mateo, e semella que as tres prazas de ascenso estarán entre eses catro conxuntos, anque ninguén se pode descoidar. A semana que vén reciben ó Monfero, e tras dous empates consecutivos, os tres puntos serían vitalicios.
Importante victoria para comezar o ano do equipo feminino, que gañou en Coruña ó San Tirso por 0-1, un cadro coruñés que en nada se parecía ó da primeira volta xa que fixo moitos fichaxes. Nun partido de maior dominio das visitantes xa se puideron adiantar na primeira metade con unha boa ocasión que tivo Cristina Moirón, pero foi na segunda tras unha gran xogada de Carla por banda, que centra, Yaiza manda para atrás e cabecea a gol Janira pra sumar os tres puntos. No encontro xogado no Campo do Pinar arbitrado polo colexiado Sergio Espasandín Cores, Salido xogou con Leti, Yaiza (Andrea Cabarcos 75′), Silvia, Jani, Mireia, Andrea Pita (Sabela 76′), Clara, Lara, Cris Moirón (Janira 45′), Carlota (Chipy 86′) e Carliña. Con estos tres puntos as de Salido afianzan a sexta posición con 19, e a semana que vén recibirán a un oso duro de roer, o Monte Forte (Xentileza de Carliña).
Sensacional victoria do Xuvenil B da Liga da Ría que gañou nin máis nin menos que 11-0 ó Val, ó descanso xa gañaban 4-0, tantos de Javi, Santalla, Sergio e Simón. No segundo tempo anotaron outros sete tantos que se repartiron entre Marcos (4) e Capela (3), (fotos). Xogaron Alex, Isma López, Rubén, Beto, Simón, Hugo, Santalla, Manu, Javi, Jacobo e Sergio. No segundo tempo entraron Krikry, Diego, Marcos, Lechuga e Capela. O Xuvenil B é terceiro con 36 puntos, a dous de Ánimas e Perlío. A semana que vén visitarán ó Rápido de Neda.
xuvenilB_001.jpg


xuvenilB_001.jpg
xuvenilB_001.jpg
xuvenilB_001.jpg
xuvenilB_001.jpg
xuvenilB_001.jpg
xuvenilB_001.jpg
xuvenilB_001.jpg
xuvenilB_001.jpg
xuvenilB_001.jpg
xuvenilB_001.jpg
xuvenilB_001.jpg
xuvenilB_001.jpg
xuvenilB_001.jpg
Non lle foron tan ben as cousas ós cadetes que caeron nas idílicas terras aresanas ante o séptimo clasificado, o Numancia, por 4-1. Terceira derrota da tempada para o cadro azul, ó que lle agarda unha semana de descanso, e o día 22 comezan a segunda volta recibindo nin máis nin menos que ó perigoso líder ferrolán Galicia de Caranza. O tanto foi anotado por Gonza de penalti.
Tampouco empezou con bo pé o ano o infantil que empatou ante un complicado rival, o cuarto clasificado, O Val, tanto de Hulk de falta, e perdeu dous puntos na súa particular loita co Narón polo título de Liga. Agora os discípulos de Leal son máis líderes con 33 puntos, por 29 dos azuis e 27 dun Caranza que visita o Poboado o sábado que vén.
Quen tamén tiña un difícil compromiso era o Alevín A, pero os de Rebolo souberon manter a cabeza fría e gañaron 3-8 na casa do cuarto clasificado, o EFR Ferrol C, proporcionando unha das alegrías da xornada. Os azuis son líderes con 30 puntos, tres por diante do Eume e o sábado que vén visitarán a complicada cancha do Ánimas en Ferrol. Os goles foron dos seleccionados Andrés (4) e Josiño (2), ademáis de Jorge e Martín.
Moi ben tamén o Alevín B que pola súa banda gañou 6-1 ó Eume B, tantos de Bruno, Sergio e Alex por partida doble. Son séptimos con 19 puntos e o vindeiro fin de semana reciben ó Perlío.
O Benxamín A caeu sen paliativos en Ferrol 12-1 ante o Racing de Ferrol B. Pouco se pode obxectar á brillante campaña que está facendo o equipo azul que conta os seus partidos por victorias salvo as dúas derrotas ante os dous cocazos da categoría, os ferroláns que van de segundos e o líder O Val B (10-1). A semana que vén descansan e dentro de dúas visitarán ó cuarto, Ánimas B. O tanto da honra foi anotado por Dani González.
Tamén perdeu o Prebenxamín A en Ortigueira ante o segundo clasificado, por 3-1, tanto de Joan. Siguen quintos con 19 puntos e esta semana reciben ó cuarto, Racing San Pedro.
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios