Amigus
As Pontes

LIGA NACIONAL XUVENIL. CD AS PONTES 1 CULTURAL AREAS 2

Derrota dolorosoa do xuvenil pontés no encontro que o enfrontaba hoxe á tarde ó equipo que era colista, o Cultural Areas de Ponteareas.
aspontes-areas_01.jpg


A primeira metade remataba con dominio alterno e tábaoas no marcador.
No segundo tempo puidose adiantar o As Pontes, Kilian queda so ante o porteiro pero este rexeita (56´). Cinco minutos máis tarde tras unha xogada do xogador de Cariño por banda, da un pase hacia atrás que Dani remata de tiro cruzado e o balón vaise lambendo o pau.
No 76´ xarro de auga fría, sacan os visitantes unha falta pero nin a defensa nin o porteiro acertan a despexar e nunha xogada que un centro o balón acaba entrando manseniñamente na porta local. O As Pontes foi a polo empate, e tras un pase de Alex, Chungui queda so e o seu tiro picado despexao o porteiro coa faciana (83´). No último minuto un gran centro de Alex é rematado frouxo de cabeza por Xabi en posición franca. Acto seguido nun contragolpe dos visitantes un xogador regatea a Totti e cede atrás o seu compañeiro pra que este remate a pracer o 0-2.
Semellaba a sentencia pero no desconto, gol moi parecido ó que inaugurou o marcador, Chungui bota unha falta e ninguén acerta a rematar nin despexar, o balón pasa por riba do gardamallas visitante e acabase colando despacio na súa porta.
Apenas habería tempo para máis e o As Pontes perde tres puntos vitais ante un rival directo e complícase moito a súa salvación, e máis coa victoria do Alerta Travesas hoxe, que sitúa ós azuis quintos pola cola con 21 puntos. A semana que vén visitan a outro rival directo, o Montañeros B, para ambos equipos non vale outra cousa que a victoria
Carballo xogou con Julián, Xabi Pellón, Alex Cabarcos, Totti, Juan Donapetry, Manu (Juancito 52´), Hugo (Javi 60´), Abeás, Dani, Guille (Chungui 69´) e Kilian (Santalla 73´).
aspontes-areas_01.jpg
aspontes-areas_01.jpg
aspontes-areas_01.jpg
aspontes-areas_01.jpg
aspontes-areas_01.jpg
aspontes-areas_01.jpg
aspontes-areas_01.jpg
aspontes-areas_01.jpg
aspontes-areas_01.jpg
aspontes-areas_01.jpg
aspontes-areas_01.jpg
aspontes-areas_01.jpg
aspontes-areas_01.jpg
aspontes-areas_01.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios