TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES 2 NEGREIRA 3

Victoria do conxunto coruñés do Negreira nos últimos minutos no partido adiantado disputado hoxe á tarde no Campo do Poboado.
O As Pontes non tivo uns primeiros minutos moi afortunados, e os visitantes puxeronse moi rápido co 0-2 no marcador, no 15´ un riguroso penalti de Piñieiro, aproveitabao Cuki pra poñer ó Negreira por diante, Kiko adiviña pero o balón ía moi axustado. O mesmo xogador marcaría no minuto 27´, de falta, tras un gran zapatazo que se cola pola escadra desde uns 30 metros. No 32´ Soto cede un bo balón a Schuster pero este chuta ó corpo dun defensa en posición franca. No 34´ a xogada polémica, Bossa lanza unha falta que cabecea a gol Schuster e o liña anulao en riguroso fóra de xogo.


Na segunda metade o As Pontes sae a polo gol e no 53´ o pichichi hai dous anos, Hugo Soto, queda so ante Oscar e recurta distancias, entremedias no 55´ Nacho cabalga por banda dereita, plantase so ante Kiko pero este salva o 1-3. Tamén despexou a córner Kiko in estremis outro gran lanzamento lonxano de falta de Cuki (59´), que estivo a piques de conseguir o seu particular hat trick, pero no 64´ é Bossa quen marca un maxistral gol de falta pola escadra ó borde da área e restablece ás taboas no marcador.
Nos últimos minutos ambos equipos contemporizaron e acabaron dando por bo o empate, pero no 88´ tras un saque de esquina Munin remata a gol e consegue o 2-3 definitivo. Outro xarro de auga fría pra a parroquia local e o As Pontes segue de momento décimo con 36 puntos e complícase a vida. Por si fora pouco a semana que vén visita ó líder Cerceda.
2 CD AS PONTES. Kiko, Moncho, Jordi, Chote , Piñeiro (Esmorís 45´), Schuster, Amado (Vidal 82´), Dani (Juan 45´), Soto, Bossa, Carba.
3 NEGREIRA. Óscar Vilariño, Rendo, Munin, Diego Gesto, Oscar Vidal, Nacho, Cuki, Alex Blanco (Juan Castro 30´), Gonzalo, Álvaro, Dani Méndez (Pablo Piñeiro 84´).
Goles: 0-1, Cuki, de penalti (15´), 0-2, Cuki (27´), 1-2, Soto (53´), 2-2, Bossa (64´), 2-3, Munin (88´).
Árbitro: Loira Rodríguez (Pontevedra). Auxiliado nas bandas por Bascoy e Veiga. Amonestou a Schuster e Dani.
Campo e incidencias: Uns 150 espectadores no Campo do Poboado en tarde soleada pero fría. Partido conrrespondente á 28ª xornada de Liga.
Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios