O Xermade logra o ascenso a Primeira Autonómica

O Xermade que este fin de semana ganou o Galdo por 3-1, conseguiu de forma matemática asegurarse o título de campión do grupo 6 da segunda autonómica e o mesmo tempo o ascenso a Primeira Autonómica, todo isto a falta de 5 xornadas para o final o que e un claro indicativo do dominio do equipo roxinegro o largo de toda a competición.
Con Felipe Mieres dende o banco, o Xermade logo de quedarse a tempada pasada a un paso de ascenso e tamén do título de Copa logra na actual o salto de categoría e faino cuns números que falan por si sós. Celta Barreiros en dúas ocasións e Muimenta conseguiron arrincarlle un empate e so o Cospeito na xornada 19 foi quen de vencelo.
xermade_1.jpg


xermade_2.jpg
xermade_3.jpg
xermade_4.jpg
Nova cortesía de Fermin.

También podría gustarte
Comentarios