Club xadrez As Pontes

Rematou a Liga de Xadrez da tempada 2011, na penultima rolda, xogada o Sabado dia 19 de Marzo, o Club de Xadrez As Pontes recibia nos locais do LAR o equipo de Exalcoholicos aficionados da Coruña. O encontro rematou con victoria para Xadrez As pontes por 3 a 1, xa que nos tres primeiros taboleiros, Zoquis, Javier e Chucho gañaron, mentras no cuarto Javier Novo perdeu a sua partida.
Este resultado facia que chegasemos a ultima rolda como primeiros clasificados e con 2 puntos e medio de vantaxe sobre o segundo, con moitas posibilidades de acadar o campeonato neste grupo “A” de segunda division. Asi este sabado desprazamonos a Naron para xogar a ultima rolda contra o equipo de Circulo Xadrez Naron “C” que estaban clasificados en cuarto lugar. O resultado foi de empate a 2, despois de que Rocio e Javier Novo fixesen tablas no cuarto e terceiro taboleiro respectivamente, Chucho gañaba no segundo, e no primeiro, Zoquis perdia a unica partida de toda a temporada.
Este resultado, unido os acadados por Xadrez Viveiro e Recatelo Campus Lugo “B”, fai que Xadrez As Pontes se proclame campeon do Grupo “A” da Segunda division da Liga Galega por Equipos de Club.


Clasificación Final:

GRUPO SEGUNDA DIVISIÓN. GRUPO A

N Equipo Xogados Gañados Empates Perdidos Incomp. Puntos Sonn
1 CLUB XADREZ AS PONTES “A” 11 8 3 0 0 31 635,25
2 RECATELO CAMPUS LUGO “B” 11 6 4 1 0 29,5 584
3 VIVEIRO 11 9 1 1 0 29 594,5
4 CÍRCULO XADREZ NARÓN “C” 11 4 5 2 0 24,5 514
5 AA. VV. SIGRAS 11 6 1 4 0 24 488,25
6 EX-ALCOHÓLICOS AFICIONADOS 11 4 3 4 0 22,5 441
7 CÍRCULO FERROLANO “C” 11 4 1 6 0 20,5 402
8 GILLÁN-EL PROGRESO “A” 11 3 3 5 0 20 427,5
9 CAPABLANCA “B” 11 2 3 6 0 18 393
10 CÍRCULO DE LAS ARTES “B” 11 1 3 7 0 15,5 321
11 ESCOLA XADREZ SIGRÁS “B” 11 2 2 7 0 14,5 286
12 E.L.X. XAQUEDRUM “A” 11 2 1 8 0 14 290


Nova cortesía de Chucho

También podría gustarte
Comentarios