Club xadrez As Pontes
Rematou a Liga de Xadrez da tempada 2011, na penultima rolda, xogada o Sabado dia 19 de Marzo, o Club de Xadrez As Pontes recibia nos locais do LAR o equipo de Exalcoholicos aficionados da Coruña. O encontro rematou con victoria para Xadrez As pontes por 3 a 1, xa que nos tres primeiros taboleiros, Zoquis, Javier e Chucho gañaron, mentras no cuarto Javier Novo perdeu a sua partida.
Este resultado facia que chegasemos a ultima rolda como primeiros clasificados e con 2 puntos e medio de vantaxe sobre o segundo, con moitas posibilidades de acadar o campeonato neste grupo “A” de segunda division. Asi este sabado desprazamonos a Naron para xogar a ultima rolda contra o equipo de Circulo Xadrez Naron “C” que estaban clasificados en cuarto lugar. O resultado foi de empate a 2, despois de que Rocio e Javier Novo fixesen tablas no cuarto e terceiro taboleiro respectivamente, Chucho gañaba no segundo, e no primeiro, Zoquis perdia a unica partida de toda a temporada.
Este resultado, unido os acadados por Xadrez Viveiro e Recatelo Campus Lugo “B”, fai que Xadrez As Pontes se proclame campeon do Grupo “A” da Segunda division da Liga Galega por Equipos de Club.
Clasificación Final:
N | Equipo | Xogados | Gañados | Empates | Perdidos | Incomp. | Puntos | Sonn |
1 | CLUB XADREZ AS PONTES “A” | 11 | 8 | 3 | 0 | 0 | 31 | 635,25 |
2 | RECATELO CAMPUS LUGO “B” | 11 | 6 | 4 | 1 | 0 | 29,5 | 584 |
3 | VIVEIRO | 11 | 9 | 1 | 1 | 0 | 29 | 594,5 |
4 | CÍRCULO XADREZ NARÓN “C” | 11 | 4 | 5 | 2 | 0 | 24,5 | 514 |
5 | AA. VV. SIGRAS | 11 | 6 | 1 | 4 | 0 | 24 | 488,25 |
6 | EX-ALCOHÓLICOS AFICIONADOS | 11 | 4 | 3 | 4 | 0 | 22,5 | 441 |
7 | CÍRCULO FERROLANO “C” | 11 | 4 | 1 | 6 | 0 | 20,5 | 402 |
8 | GILLÁN-EL PROGRESO “A” | 11 | 3 | 3 | 5 | 0 | 20 | 427,5 |
9 | CAPABLANCA “B” | 11 | 2 | 3 | 6 | 0 | 18 | 393 |
10 | CÍRCULO DE LAS ARTES “B” | 11 | 1 | 3 | 7 | 0 | 15,5 | 321 |
11 | ESCOLA XADREZ SIGRÁS “B” | 11 | 2 | 2 | 7 | 0 | 14,5 | 286 |
12 | E.L.X. XAQUEDRUM “A” | 11 | 2 | 1 | 8 | 0 | 14 | 290 |
Nova cortesía de Chucho