TERCEIRA REXIONAL: MOECHE 2 CD AS PONTES 4.
Importantísima victoria do segundo equipo do As Pontes co que da un paso máis hacia o ascenso.
Tralos resultados de hoxe o Caranza suma 62 puntos por 54 dos azuis e do Miño, que empatou, e 52 do Estrella de Narón que non desiste.
Ó As Pontes quedalle unha moi complicada saída visitando ó San Mateo, e recibirá en casa ó xa campión e ascendido Galicia de Caranza na última xornada. Precisan cando menos dunha victoria e un empate nestes dous encontros para garantir o ascenso.
Borja anotou un hat trick mentres que Pedro completaba o botín de goles.
Calpita aliñou a Iván Parapar, Fernando, Mourín, Carlos, Moya, Fran, Junior, Púas, Borja, Adrián Criado e Pedro. No segundo tempo entraron Iván e Danilo.
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.