RESULTADOS DA FIN DE SEMANA DO CD AS PONTES

Non puido gañar o As Pontes a pesar do cambio de adestrador, 3-0 en Ourense, e nas últimas sete xornadas un empate e cinco derrotas. Son decimoterceiros cos eternos 36 puntos desde hai varias semanas, e o próximo fin de semana reciben ó complidado, e rival directo, Narón, que é un dos mellores conxuntos da segunda volta. A día de hoxe con 18 puntos por diante o descenso está a so cinco, e con Fabril, Montañeros e Pontevedra tambaleandose hai que conseguir unha victoria canto antes.
Non tivo o seu día o xuvenil de Liga Nacional e caeu en Vigo na casa do cuarto clasificado o Sárdoma por 5 a 1, tanto da honra de Dani, de penalti. A situación é moi difícil, son penúltimos con 21 puntos, e cando semella que se vai a salvar a Ximnástica de Torrelavega en División de Honra, terra que veu nacer ó campión de campións Óscar Freire, e polo tanto os descensos serían cinco, o Bergantiños desmarcase e parece que so seis equipos loitarán pola única praza de salvación, Chantada 25, Montañeros B 24, San Roque 23, Travesas 22, As Pontes 21 e Areas 18. Por si fora pouco os azuis reciben a semana que vén no Poboado ó Lugo, segundo clasificado, e que está facendo un campañón. O certo é que mentres na primeira volta se conseguiron 16 puntos nesta segunda so se levan cinco, dous empates e unha victoria no tempo de descontó ante o Ural. A ver si nestas sete xornadas que quedan os de Carballo poden revertir a situación.
xuvenil_b_001.jpg


Moi ben o xuvenil da Liga da Ría que venceu 2-0 ó Numancia de Ares, doblete de Sergio Criado, e ademáis tivo moitas ocasións. Javi xogou con Krikry, Samu, Rubén, Beto, Darío, Hugo, Santalla, Isma López, Jacobo, Lechuga e Criado. No segundo tempo saíron Alex, Diego, Simón, Javi e Capela. Ánimas 69, Cedeira 66, Perlío 63 e Narón 60, quinto As Pontes con 58 puntos que alonxa en 51 ó Cebarca, sexto. Quedan catro xornadas pra o remate de Liga e a semana que ven descansan.
xuvenil_b_001.jpg
xuvenil_b_001.jpg
xuvenil_b_001.jpg
xuvenil_b_001.jpg
xuvenil_b_001.jpg
xuvenil_b_001.jpg
xuvenil_b_001.jpg
xuvenil_b_001.jpg
xuvenil_b_001.jpg
xuvenil_b_001.jpg
xuvenil_b_001.jpg
xuvenil_b_001.jpg
xuvenil_b_001.jpg
Moi ben o cadete de Iván Rodríguez ó que lle costou moito gañar en Narón 1-3, anque definitivamente levaronse os tres puntos e ademáis vironse beneficiados por varios resultados como a victoria do Val en Ortigueira (3-4) ou o empate do Caranza en Mugardos (1-1). A día de hoxe e a falta de catro xornadas os de Caranza son líderes con 58 puntos, As Pontes ten 55, por 49 de Eume e O Val, ambos cun partido menos, igual que Ortigueira que ten 47, e o Meirás 44. Pero aínda quedan 12 puntos en xogo e a semana que vén reciben ó complicado Galicia de Mugardos e os tres puntos son moi necesarios. Marcaron Marcos Otero, Galego e Ángel “Rooney”.
O equipo feminino de Liga Comarcal sucumbiu na casa do líder, O Val, unha derrota moi digna das máis noviñas do As Pontes diante das veteranas naronesas, con moitas xogadoras do equipo de Primeira Autonómica nas súas filas e que pecharon a primeira volta a semana pasada goleando 13-0 ó Aspirantes. Marcaron polo equipo de Salido e Pita a gran Nato e Laura Permuy. O cadro pontés suma 10 puntos en oito encontros e a semana que vén recibe ó Cedeira.
O infantil perdeu en casa 1-4 ante o Racing de Ferrol, despois de perder 0-4 co Meirás, en apenas tres días os azuis toparonse con probablemente os dous rivais máis fortes da categoría. Na maratón de partidos que é esta fase de ascenso os de Marcos Roca irán o mércores a enfrontarse ó Eume no encontro que pon fin á primeira volta. Meirás é líder con 12 puntos, Narón e Racing teñen 7, Eume 5, As Pontes 3 por ningún do Val. Anotou o tanto da honra, como non, Brais Blanco.
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
O Alevín A segue na senda do triunfo e xa suma a decimonovena victoria da temporada tras gañar 1-7 en Narón, tantos de Jandro (3), Andrés (2), Esteban e Adrián. Os de Rebolo suman 58 puntos a falta dunha xornada por 55 do Eume, 48 do Portuarios B, estes dous equipos xa remataron o seu concurso na Liga, e 46 do EFR Ferrol C. Despedirán a Liga no Poboado a semana que vén coa visita do cuarto clasificado.
Gran victoria do Alevín B por 7 a 1 ante o Rápido de Neda, os azuis son séptimos con 39 puntos e pecharán a Liga xogando contra o oitavo clasificado, o Eume B, que ten 31. O séptimo posto xa o teñen asegurado e en función dos resultados da semana que vén poden aspirar a ser sextos. Marcaron Sergio Otero (3), Bruno, Diego Criado, Sergio Cazás e Eloy.
alevinb_001.jpg
alevinb_001.jpg
alevinb_001.jpg
alevinb_001.jpg
alevinb_001.jpg
alevinb_001.jpg
alevinb_001.jpg
alevinb_001.jpg
alevinb_001.jpg
alevinb_001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios