Grabacións made in As Pontes, Este Domingo na Casa Dopeso

O vindeiro Domingo, día 3 de Abril, a partir das 19:30h, terá lugar na casa Dopeso un acto conxunto de presentación. Por una banda, presentarase a curtametraxe ‘Inconscientes’, dirixida polo pontés Pablo Martínez, e no eido musical, a banda pontesa Super F presenta o seu primeiro disco, que coincide co lanzamento e presentación do seu primeiro videoclip homónimo, “Sin Aliento”. Unha boa ocasión para achegarse a coñecer novas propostas na Casa Dopeso.
CartelActo.jpg


PABLO MARTÍNEZ, estudou Comunicación Audiovisual. Durante a carreira exerceu os seus primeiros traballos en rodaxes (AM/PM; DIARIO entre outros) facendo a labor de script e axudante de dirección, o que o animou a dirixir as súas primeiras pequenas obras (SIN MOTIVOS PARA OLVIDAR; LA CONCIENCIA) por esta última estivo seleccionado no X festival de curtas ADN.Traballou en GLOBOMEDIA durante a cuarta temporada da serie “El Internado” de Antena 3 e na actualidade traballa como cámara de televisión nos informativos de VTelevisión, ademais de colaborar en outros programas como Xente Emerxente.
INCONSCIENTES
Inconscientes narra a historia de tres persoas, un yonki (Alejandro Carro), un rico madrileño (Milo Taboada) e un capo apodado “Ruso” (Pepe Soto) que entrelazan as súas vidas por culpa do narcotráfico. A través dos ollos do cuñado do Ruso, Celso (Xose Eirin), saberemos que saíu mal.
EQUIPO ARTÍSTICO
Celso Xosé Eirín · Ruso Pepe Soto · El yonki Alejandro Carro · El madrileño Milo Taboada · Muller yonki María Alonso · Home grande David Fernandez Rivera · Camareiro Rubén Ameneiro
EQUIPO TÉCNICO
Director Pablo Martínez · Ax. de Dirección Jon Ander Fika · Script Guillermo · Director de fotografía Fabián Veiga · Xefe de eléctricos Fernando Canelón · Técnico de iluminación Nillo · Operador de cámara Roberto Camello · Ax. de cámara Carlos Jadraque · Técnico de vídeo Miguel (BLINGE) · Steady-Cam Alejandro Técnico de son Nacho· Maquillaxe Mada Dopico Produtor Executivo Pablo Martínez · Xefe De Produción Paco De Vila · Ana Terrado · Clara · Javier Piñeiro · Sonia Bolaño · Miluco · Marcial Martínez · Catering Carmen Pardo · Alonso · Submarinista xefe Luís Pernas Rodríguez · Montaxe David González Lozano
http://inconscientes.utopiaspiratas.net/
Presentación do vídeo clip e primeiro disco SIN ALIENTO do grupo pontés SUPER F.
Sin Aliento, o primeiro disco de “Super F”
É no mes de Novembro cando o grupo decide meterse no estudio para grabar catro dos seus temas baixo a mirada experimentada de José Martinez ‘Bonjan’ (productor en discos de bandas como Deluxe ou The Majestics) nos estudios Bonjan da Coruña. Así comeza a andadura ‘Oficial’ de Super F, que máis tarde completará as primeiras sesións de 2009 con outras xornadas (xa no final de 2010) nos estudios Abrigueiro de Friol (Lugo), coa a producción de Arturo Vaquero (aspirante a un Goya no ano 2010 pola composición da BSO do filme ‘Agallas’e productor de importantes discos do panorama nacional). Estas pezas completan “Sin Aliento”, primeiro traballo discográfico de Super F.
O primeiro videoclip da banda chámase “Sin Aliento”, dirixido por Borja Franco e rodado no histórico Cine Alovi de As Pontes durante unha fría mañá de Xaneiro. O videoclip contou coa colaboración do Concello de As Pontes, e presentouse durante o mes de Marzo en distintas webs e televisións rexionais e nacionais, como avance do primeiro disco do grupo.
Durante os vindeiros meses, Super F presentará este traballo en directo por diversas salas de toda Galicia.
01/04/2011 (V) 00:00 Ponferrada (Leon) Bar Berlanga Entrada gratuita
08/04/2011 (V) 23:30 As Pontes (A Coruña) Pub Dreams Entrada gratuita
16/04/2011 (S) 00:00 Lugo Sala Clavicembalo Entrada: 3€
22/04/2011 (V) 00:30 Xinzo de Limia (Ourense) Sala Clan Entrada: 3 €, cerveza incluída
30/04/2011 (S) 23:00 Carral (A Coruña) Sala the Star Entrada: 3 €
07/05/2011 (S) 00:00 Órdes (A Coruña) Sala Badulake Entrada: 3€
13/05/2011 (V) 00:00 Ferrol (A Coruña) Pub Sikaru Entrada gratuita
20/05/2011 (V) 23:30 Pontedeume (A Coruña) O Trasteiro Entrada gratuita
22/09/2011 (J) 22:30 Culleredo (A Coruña) Forum Celticum Entrada gratuita
Máis información na web do grupo:
http://www.superefe.com/
Sin Aliento en Spotify

También podría gustarte
Comentarios