Non puido despedirse da Liga con triunfo o feminino pontés que nesta mañá chuviosa de domingo caía 2-4 ante o terceiro clasificado, o Orillamar coruñés.
E iso que o encontro non se podía poñer mellor para as de Cascudo cos dous goles de Paula e Noelia nos primeiros vinte minutos.
Pero no segundo período as visitantes remontaron cos tantos de Carla, Ana, Daniela e Alejandra.
Xogaron neste último partido Laura, Naia, Lucía, Ainize, Noelia, Andrea, Carol, Salma, Nerea, Patricia, Paula; Silvia, Inés, María Jose. Partido arbitrado polo pontés Julen Martínez Galego.
Aínda así, gran campaña das discípulas da dupla Cascudo-Alex, que rematan quintas clasificadas, con 61 puntos, en vinte triunfos, oito derrotas e un so empate ante o Cambre B, con 80 goles anotados por 21 en contra.
Por si non fora suficientemente dura a temporada, algunhas das xogadores azuis aínda tiveron que sufrir un último suplicio ao remate do partido.
Nova cortesía Xose Ferreiro
Nova cortesía Xose Ferreiro