Amigus
As Pontes

LIGA GALEGA XUVENIL: CD AS PONTES 2 CD BOIRO 3

Amarga derrota do As Pontes no encontro xogado hoxe á tarde no Campo Anexo Jose con chuvia por momentos e bastante frío correspondente á decimoquinta xornada, a dúas pra a conclusión da primeira volta.
aspontes_boiro-001.jpg


Na primeira metade dominou máis o As Pontes, anque os visitantes adiantaronse de penalti, tanto que contrarrestou Marcos Novo. Ó mesmo xogador anularonlle un gol dubidosamente e Chungui retirouse lesionado, sen gravedade.
A pouco de comezar o segundo tempo os visitantes adiantabanse tras unha falta lonxana que sorprende a Julián e acaba entrando pola mesma escadra. Pouco durou a ledicia pois volveu a marcar Marcos Novo tras controlar na área chica e bater por baixo ó porteiro rival. O mesmo xogador tivo o “hat trick” nos pes pouco despois, pero foron os visitantes os que como un xarro de auga fría se volveron a adiantar por terceira vez, nesta ocasión por un balón que non se acerta a despexar dentro da área tras saque de córner, e o dianteiro do Boiro fai un control e posterior remate acrobático a media volta que acaba no fondo das mallas.
De ahí ó final os azuis enbotellaron ós brancos, que so creaban perigo en rápidos contragolpes, sobre todo do seu habilidoso número 11, pero ó igual que o “síndrome Vilalbés” contaxia ó seu equipo xuvenil, no caso pontés acontece o mesmo, pois a cantidade de ocasións que non entran e tiros ós postes é digno de estudo.
Preto do final, aínda recuperandose saiu o gran goleador Javi, e precisamente, a cinco minutos pra o remate nunha xogada embarullada na área pequena visitante remata Javi a pracer e o porteiro emulou salvando as distancias a parada de Casillas a Navas, o posterior remate tras rexeite, tirado no chan, paroullo a Sergio Criado. Gañou a titularidade pra o resto do ano.
Un minuto despois, o ferrolán Villar tirou colocado e co porteiro mirando como mero espectador da xogada, o balón petou, como non, no longueiro. Outro balón do mesmo xogador que tamén acabou no longueiro costou dous puntos contra o Eume.
No desconto tamén puido empatar Marcos Otero, e anteriormente Marcos Novo por alto, pero non houbo maneira.
Quizais o xuvenil estea algo máis desafogado e airoso na zona media baixa, en comparación cos maiores e o segundo equipo, que están en situación moito máis complicada, pero calquera dos tres equipos, o igual que o feminino, agardarán que Papa Noel lles traia un pouco de fortuna, puntería e ensanchar uns centímetros as porterías.
Son décimos con 20 puntos e xogarán contra o cuarto clasificado, o Lugo B, no comezo do 2012.
Xogaron Julián, Roca (Javi 85´), Rubén, Isma “Palas”, Marcos Otero, Chungui (Beto 25´), Marcos Novo, Fabio, Santalla (Villar 75´), Borja (Sergio Criado 75´) e Gogas.
aspontes_boiro-001.jpg
aspontes_boiro-001.jpg
aspontes_boiro-001.jpg
aspontes_boiro-001.jpg
aspontes_boiro-001.jpg
aspontes_boiro-001.jpg
aspontes_boiro-001.jpg
aspontes_boiro-001.jpg
aspontes_boiro-001.jpg
aspontes_boiro-001.jpg
aspontes_boiro-001.jpg
aspontes_boiro-001.jpg
aspontes_boiro-001.jpg
aspontes_boiro-001.jpg
aspontes_boiro-001.jpg
aspontes_boiro-001.jpg
aspontes_boiro-001.jpg
aspontes_boiro-001.jpg
aspontes_boiro-001.jpg
aspontes_boiro-001.jpg
aspontes_boiro-001.jpg
aspontes_boiro-001.jpg
aspontes_boiro-001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios