Un campión e un terceiro posto no XVI Trofeo Federación

Na mañá deste domingo celebrouse na localidade da Pobra do Caramiñal o XVI Trofeo Federación Galega – Xunta de Galicia de Aire Libre en Arco Recurvo e Arco Composto. Catro foron os arqueiros do Clube Sílex que viaxaron ata alí para participar no trofeo en diferentes categorías.
Daniel Castro Barcala conseguiu subir ao máis alto do podio e proclamarse Campión na categoría de Recurvo Cadete Cabaleiro con 475 puntos en 72 flechas a 60 metros, neste o seu primeiro ano na categoría.
1-2012-05-20_Trof_Federacion_Arqueiros_Silex.jpg


Adriano Romero Basoa, despois dunhas malas primeiras 36 flechas, repúxose para nas seguintes estar ao nivel que ten e acadar o 3º posto en Recurvo Veterán Cabaleiro (263+304 = 567).
En Recurvo Sénior Cabaleiro Javier Vázquez Puga colouse na 6ª praza con 522 puntos. Unha boa motivación para seguir a entrenar buscando mellorar aspectos técnicos.
O único arqueiro que competía sen ter oficialmente categoría foi Miguel Alvariño Garcia, que fronte a outros dous arqueiros de Recurvo Xuvenil Cabaleiro quedou en primeira posición batindo a súa mellor marca en competición, 322 puntos no segundo dos rounds para un total de 627 puntos en 72 flechas a 70 metros. Con estes puntos e os acadados no Campionato Galego celebrado o día 13 certifica o seu bo nivel e supera con maior marxe a puntuación mínima que esixe a FGTA para asistir subvencionado ao Campionato de España Xuvenil deste ano.
2-2012-05-20_Podio_Recuvo_Cadete_Cabaleiro.jpg
3-2012-05-20_Podio_Recuvo_Veteran_Cabaleiro.jpg
4-2012-05-20_Primeiro_Recurvo_Xuvenil_Cabaleiro.jpg
Nova cortesía de Clube Sílex

También podría gustarte
Comentarios