Campionato de España Piragüismo Xóvenes Promesas
Na fin de semana do 4 ó 6 de Abril, o Club de Piragüismo Grupo Xuvenil As Pontes desprazouse ata o Encoro de Castrelo de Miño para participar con cinco padexeiros no Campionato de España de Xovenes Promesas.
Na xornada matinal do sábado, disputáronse as eliminatorias, sobre unha distancia de 2000 metros, nas que pasarían 80 participantes, tanto Xoel,Dani,Xalo, Adrián e Omar conseguían clasificarse sin apuros.
Xa o domingo pola mañá os nosos disputarían as finais, cada quen na súa categoría.
Os resultados foron os seguintes:
Home Infantil A K1, Daniel Ferro acadaba un décimo terceiro posto e Xoel Timiraos un triséximo primeiro lugar.
Home Cadete B K1, Xalo Romero, tras un volco na última ciaboga cando estaba no grupo do décimo cuarto ó décimo séptimo, lograba volver a montar, e chegar no posto 80, pero en control.
Xa na categoría Home Cadete A k1, Adrián Filgueira acadaba un meritorio noveno posto co seu compañeiro Omar Penabad no triséximo oitavo lugar.
Nova cortesía do Grupo Xuvenil.