1ª Proba Copa Galega Infantil de Piragüismo
O sábado 25 de Abril, o Club de Piragüismo Grupo Xuvenil As Pontes desprazouse ata o encoro de Pontillón de Castro, sede da FGP, no concello de Pontevedra.
Disputávase a primeira proba da Copa Galega de infantís, en k1 ou C1.
As Pontes estivo representada por Xoel Timiraos e Daniel Ferro, ámbolos dous no k1 home infantil A, sobre unha distancia de 3000m.
Nunha mañá solleira, os resultados foron salientables, sendo Dani 3º, nun disputado sprint con outros tres padexeiros, onde o 1º era de Ribadeo, e 2º e 4º de Portonovo.
Xa Xoel, acadaba un gran décimo terceiro posto, nunha proba que rondou os 80 padexeiros
Nova cortesía do Grupo Xuvenil.