O vindeiro mércores, 11 de xullo, remata o prazo para inscribirse no maratón de fútbol sala Festas do Carme 2012, de As Pontes, que un ano máis organiza o Club Esteo FS, que nesta edición conta coa novidade da categoría feminina. O Club pontés conta coa colaboración da Deputación da Coruña e o Concello de As Pontes.
Na categoría masculina o prezo da inscrición é de 90 euros, mentres que na feminina son 50 euros. Ademais de trofeos, mil cincocentos euros será o premio en metálico para o gañador, 500 para o segundo e 150 para o terceiro e cuarto clasificados. En mulleres o campión recibirá 300 euros, 150 o subcampión e cincuenta o terceiro e cuarto clasificados.
Para máis información os equipos interesados poden poñerse en contacto coa organización nos teléfonos 679371472 e 687831106.
A competición desenrolarase na pista do colexio Santa María as xornadas do venres 13, sábado 14 e domingo 15. O sorteo realizarase o xoves 12 no pavillón municipal da Fraga ás 20:30.
Novas
- Os ponteses Alberto da Silva e Román Varela logran o premio a mellor proxecto do XII Carballo Interplay
- Concertos ilustrados. Con Richi Casás
- 1ª Proba Copa Galega Infantil de Piragüismo
- ACTUACIÓN DO CVF AS PONTES NO CAMPEONATO DE ESPAÑA DA CLASE VAURIEN 2025
- PARTICIPACIÓN DO CLUB DE VELA FLUVIAL AS PONTES NO CAMPEONATO DE ESPAÑA 2025 DA CLASE VAURIEN
- Campionato de España Piragüismo Xóvenes Promesas
- IX ruta turística vila de As Pontes
- Folixa camp Semana Santa
- Xornada de promoción do barco dragón
- Desafío olímpico para socios do Grupo Xuvenil
Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.
También podría gustarte
Comentarios