O Trofeo Federación Galega – Xunta de Galicia péchase coa proclamación dunha campiona e dous campións

Na tarde do sábado, foron 21 as arqueiras e arqueiros das categorías menores de 14 anos que se deron cita nas Pontes para participar no VII Trofeo Federación Galega – Xunta de Galicia de Aire Libre. O que parecía que ía ser unha tarde pasada por auga rematou co sol axudando aos pequenos a desfrutar do tiro con arco.


Puidéronse proclamar campións en tres categorías das oito nas que había representación. Foron as de Recurvo Alevín Home na que o primeiro clasificado e Campión foi Pablo Seoane (Aresarco) seguido de Ángel Lanzarote (Escola Lucense) como subcampión, e como bronce clasificouse Fernando Díaz (Arco Narón) na categoría con máis participación. En Recurvo Infantil Muller a victoria foi para Marta Guerrero (Escola Lucense) sendo proclamada Campiona, o subcampionato levouno Denise Fraguela (Arco Narón) e Cristina Castro (Sílex) acadou o bronce nesta categoría. Por último en Recurvo Infantil Home Gabriel Galante (Castelarco) acadou o primeiro posto e título de Campión, seguido como subcampión por Antón Blanco (Sílex) e no posto que daba o bronce rematou Brais Seoane (Aresarco).
Tras a proclamación dos campións e a campiona tódolos participantes levaron uns agasallos e puideron participar dunha merenda conxunta na que seguir falando entre eles e pasar bos momentos cos arcos xa recollidos.
Nova cortesía do Clube Sílex

También podría gustarte
Comentarios