Amigus
As Pontes

XVII CERTAME DE BANDAS DE MÚSICA DE AS PONTES

Cerca de douscentos músicos, a maioría mozos e mozas, participaron na décimo sétima edición do Certame de Bandas que cada ano se ven celebrando durante as festas patronais. As tres bandas participantes nesta edición -a de Viveiro, a Municipal de Caldas de Reis e a anfitrioa, Cultural e Recreativa de As Pontes- concentráronse ás sete do serán diante da Casa do Concello para iniciar un percorrido por varias rúas da vila.
O concerto celebrouse no Auditorio Municipal Alovi, que estaba ateigado de público. Comezou coa actuación da Banda de Música de Viveiro, unha das máis antigas de Galicia, pois foi fundada en 1918 co nome de Banda de Exploradores. Cuns cincuenta músicos de idades comprendidas en os 10 e 65 anos. Baixo a dirección de Delio Represas Carrera interpretou catro pezas musicais, comezando por Antonio Rosales, logo Virginia, A Kezmer Karnival para rematar coa banda sonora da mítica serie de televisión Bonanza.
certame_bandas_0001.jpg


En segundo lugar tocoulle o turno á Banda Municipal de Caldas de Reis (Pontevedra), que forma unha escola con máis de quince anos de existencia. Conta cuns 85 músicos, a maior parte moi novos entre os oito e catorce anos de idade. Coa dirección de Daniel Portas González comezou co histórico pasodobre Ponteareas –coñecido como o pasodobre dos pasodobres galegos- de Reveriano Soutullo, nado precisamente nesta vila pontevedresa. A continuación interpretaron La Leyenda del Beso, Higtlights from chees e a Muiñeira dos Pendellos.
Finalmente subiu ó escenario do Alovi a organizadora do certame, a Banda Cultural e Recreativa das Pontes, fundada no ano 1987 polo entón alcalde e actual presidente da agrupación, Jaime Vilaboy Ramil. Esta xa veterana banda ten participado en programas das televisións de Galicia e TVE, na semana santa de Zamora e en numerosas cidades e vilas galegas. Ten a honra de estrear o vello himno de As Pontes, cuxa letra (1927) é de Francisco Cabo Pastor, médico invidente, e a música (1949) do mestre Domingo Pico Blanco.
Dende a súa fundación foron os directores Rodrigo López Formoso, Herminio Prieto Castro, Juan C. Martinez Lombriz, Juan B. Bernat Alcalde, Jesús López Prado e dende 2010 José Lodeiro Gesto.
Baixo a batuta do actual director, José Lodeiro Gesto, interpretou Flores Españolas, Sons de Galiza, Mont Serrat e Palindromía Flamenca, co solista Daniel Novo.
Despois da entrega de agasallos por parte do alcalde, Valentín González Formoso, e o presidente da agrupación local, Jaime Vilaboy Ramil, a banda de As Pontes interpretou o himno galego.
certame_bandas_0001.jpg
certame_bandas_0001.jpg
certame_bandas_0001.jpg
certame_bandas_0001.jpg
certame_bandas_0001.jpg
certame_bandas_0001.jpg
certame_bandas_0001.jpg
certame_bandas_0001.jpg
certame_bandas_0001.jpg
certame_bandas_0001.jpg
certame_bandas_0001.jpg
certame_bandas_0001.jpg
certame_bandas_0001.jpg
certame_bandas_0001.jpg
certame_bandas_0001.jpg
certame_bandas_0001.jpg
certame_bandas_0001.jpg
certame_bandas_0001.jpg
certame_bandas_0001.jpg
certame_bandas_0001.jpg
certame_bandas_0001.jpg
certame_bandas_0001.jpg
certame_bandas_0001.jpg
certame_bandas_0001.jpg
certame_bandas_0001.jpg
certame_bandas_0001.jpg
certame_bandas_0001.jpg
certame_bandas_0001.jpg
certame_bandas_0001.jpg
certame_bandas_0001.jpg
certame_bandas_0001.jpg
certame_bandas_0001.jpg
certame_bandas_0001.jpg
certame_bandas_0001.jpg
certame_bandas_0001.jpg
certame_bandas_0001.jpg
certame_bandas_0001.jpg
certame_bandas_0001.jpg
certame_bandas_0001.jpg
certame_bandas_0001.jpg
certame_bandas_0001.jpg
certame_bandas_0001.jpg
certame_bandas_0001.jpg
certame_bandas_0001.jpg
certame_bandas_0001.jpg
certame_bandas_0001.jpg
certame_bandas_0001.jpg
certame_bandas_0001.jpg
certame_bandas_0001.jpg
certame_bandas_0001.jpg
certame_bandas_0001.jpg
certame_bandas_0001.jpg
certame_bandas_0001.jpg
certame_bandas_0001.jpg
certame_bandas_0001.jpg
certame_bandas_0001.jpg
certame_bandas_0001.jpg
certame_bandas_0001.jpg
As Pontes, Festas do Carme e A Fraga 2012 (AF)

También podría gustarte
Comentarios