Amigus
As Pontes

Xornada de tecnificación da Federación Galega de Tiro con Arco neste 2012

O sábado 6 de outubro celebrouse no polideportivo municipal de Ares unha nova xornada de tecnificación dentro das planificadas para este ano pola FGTA, coa colaboura nesta ocasión do Clube AresArco.
As actividades estiveron dirixidas por Luis Vera, responsable técnico da FGTA, quen estivo axudado por Magdalena Beltrán e Jaime Santamaría na parte propia do tiro con arco. E tamén contou cun equipo de psicólogos que levaron a cabo técnicas de apoio individualizadas e técnicas de concentración e relaxación. Duas horas e media de traballos antes do xantar que continuaron ás 16 horas e puxeron fin ás 18:45.
O Clube Sílex tivo catro representantes seguindo as indicacións dos técnicos. Miguel Alvariño seguíu un plan específico e diferenciado de preparación para a súa participación nos clasificatorios para o equipo nacional que comezan a próxima fin de semana en Madrid. Daniel Castro, Cristina Castro e Borja Barro participaron seguindo o plan de supervisión proposto por Luis Vera.
Tecnificacion-FGTA-01.jpg


Tecnificacion-FGTA-02.jpg
Tecnificacion-FGTA-03.jpg
Nova cortesía do Clube Sílex

También podría gustarte
Comentarios