Amigus
As Pontes

Trofeo Federación Galega – Xunta de Galicia en Silleda

O vindeiro domingo día 25 o Recinto Ferial Semana Verde de Galicia, en Silleda, acollerá unha nova competición de tiro con arco. Será o Trofeo Federación Galega – Xunta de Galicia de Sala que celebra a 16ª edición para as categorías cadete a veterán e a 10ª nas inferiores, de esquío a infantil.
Son 152 as arqueiras e arqueiros que están inscritos para a proba na que os participantes competirán en horario matutino con dúas rondas de 30frechas a 18 metros agás os esquíos e benxamíns que tirarán só 15 frechas por ronda.
Cinco serán os compoñentes do Sílex que se desprazarán ata as terras do Deza para participar no trofeo, todos eles na modalidade de arco recurvo. Cristina Castro farao na súa categoría, infantil muller, ainda que nas últimas competicións o estivo facendo en categorías superiores. Daniel Castro e Borja Barro serán os representantes en categoría cadete home. Miguel Alvariño, sendo xuvenil, competirá ao igual que Javier Vázquez na categoría sénior home.


Nova cortesía Clube Sílex

También podría gustarte
Comentarios