TERCEIRA DIVISIÓN DE FÚTBOL SALA: CARBALLIÑO F.S.-O ESTEO F.S.– (4-12)

Logo de dúas derrotas seguidas, o Esteo volveu á senda das vitorias despois de conseguir dous triunfos consecutivos nas dúas últimas xornadas, 4-3 ante o Xove e a contundente deste pasado sábado con goleada por 4-12 ante o Carballiño en terras ourensás.
Rapidamente se puxo o Esteo por diante con claridade, pois ós seis minutos xa vencía por 0-3, e anque se relaxaron un pouco e os locais achegáronse 2-3 mediado o primeiro tempo, antes do descanso os ponteses voltaron a irse con tres tantos de ventaxa no marcador por 2-5. Mediado o segundo tempo, dous goles de Bolly sentenciaban o encontro co 2-7, e xa co porteiro-xogador no cadro local, nos últimos tres minutos e medio, nun vendaval de goles, chegaban os seis últimos tantos do encontro.
Catro goles de Bolly, tres de Rubi, dous de Gerardo e un de Gerveno, Fran e Diego Pellón deron tres puntos moi importantes ó cadro pontés.
O Esteo finaliza así o 2012 líder de inverno con 37 puntos, con cinco de ventaxa sobre o segundo clasificado, o Pazos de Borbén.
O vindeiro fin de semana haberá descanso e o club pontés reiniciará a competición en 2013 o sábado 12 de xaneiro na pista do Melide no que será o primeiro encontro da segunda volta.
O-Esteo-FS-2012-13.jpg


FICHA DO PARTIDO
CARBALLIÑO F.S.: Pucho, Abadín, Fente, Neira, Gus –cinco inicial- Álvaro, Pumu, Javi Granja, Rodri e Roi.
O ESTEO FS: Iván, Pellón, Gerardo, Bolly, Rubi –cinco inicial- Fran, Pelu, Gerveno e Diego.
ÁRBITROS: Cardero Rodríguez, Vázquez Castellanos e Dacosta García (Ourense). Amoestaron a Abadín e Rubi.
GOLES: Min. 1 (0-1), Gerardo. Min. 5 (0-2), Bolly. Min. 6 (0-3), Rubi. Min. 9 (1-3), Fente. Min. 10 (2-3), Álvaro. Min. 13 (2-4), Gerveno. Min. 17 (2-5), Gerardo. Min. 28 (2-6), Bolly. Min. 29 (2-7), Bolly. Min. 33 (3-7), Pumu. Min. 36 (3-8), Rubi. Min. 37 (3-9), Bolly (dobre penalti). Min. 38 (3-10), Fran. Min. 38 (4-10), Neira. Min. 39 (4-11), Rubi. Min. 39 (4-12), Diego (dobre penalti).
INCIDENCIAS: Partido correspondente á décimo quinta xornada, derradeira da primeira volta, de liga da Terceira División disputado este sábado no polideportivo Paco Chao de Carballiño coa presenza duns 150 espectadores.
O CLUB ESTEO F.S. DESEXA A TODOS UN FELIZ E DEPORTIVO ANO 2013.
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios