ACTUACIÓN DE ENRIQUE COA SELECCIÓN GALEGA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB16

O futbolista pontés do RC Deportivo de A Coruña, Enrique Fornos, tiña unha importante cita esta fin de semana en Monforte de Lemos, no debut da selección galega cadete no Campionato de España.
Con moi mal pe comezou a súa andaina a selección sub16, que a pesar de exercer de anfitrión perdeu 0-1 coa selección de Aragón, no primeiro encontro, case despedíndose das asúas posibilidades de pasar á Fase Final. Un gol do xogador do Zaragoza, Bilal Chaid, nos últimos minutos deu os tres puntos ós aragoneses.
Sen embargo este domingo puideron sumar tres puntos logo de vencer á selección de Castela A Mancha. Os castelán manchegos, igual que o día anterior ante Aragón, volveron a perder 2-1.
Dous goles do céltico Rubén deron os tres puntos á selección galega que necesitará gañar os dous partidos da seguinte fase para ter alguna opción de alcanzar as semifinais.
foto_1.jpg


A clasificación momentánea segundo os meus cálculos marcha da seguinte maneira. Lideran Baleares, Cataluña, C.Valenciana, País Vasco e Aragón con 6 puntos, A Rioxa ten 4 puntos, Castela León, Canarias, Galicia, Cantabria, Murcia, Andalucía e Melilla suman 3 puntos, Navarra ten 1 punto, e pechan Castela A Mancha, Asturias, Ceuta, Madrid e Extremadura con 0 puntos.
Logo da disputa da Segunda Fase as catro seleccións mellor clasificadas xogarán a Fase Final.
Enrique xogou os dous encontros no centro da defensa a un bo nivel, exercendo de capitán, igual que o xogador de Fene Alberto Leira na mediapunta.
Mellor lle foi á sub18, que gañou 2-1 a Aragón, remontando, con doblete de Santi Mina, que está en estado de gracia, e empatou, 1-1, ante Castela A Mancha, tanto do ferrolán Pablo Ramos no desconto. Tamén xogou no centro da zaga o cedeirés Juan Rodríguez.
foto_2.jpg
foto_3.jpg
Fotos cortesía CP Calasancio
Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios