Amigus
As Pontes

TERCEIRA DIVISIÓN DE FÚTBOL SALA: O ESTEO F.S. – VILALBA F.S. (1-2)

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Está visto que ó Esteo non lle sentan ben os cambios de horarios e sobre todo o recen logrado título de liga, pois trala celebración do campionato os xogadores ponteses relaxáronse moito e se a pasada xornada caían derrotados en Vigo diante do Coruxo, este domingo perderon no pavillón da Fraga ante o Vilalba, equipo situado na zona media baixa da clasificación. Precisamente estes dous equipos foron os únicos que venceron nos dous enfrontamentos contra o Esteo. O choque de rivalidade entre ponteses e vilalbeses foi moi disputado cun Vilalba que acudiu a As Pontes moi motivado e un Esteo que pagou moi caro o seu relaxamento. Adiantaríanse no marcador os visitantes no minuto oito por mediación de Luis, resultado co que se chegou ó descanso. O equipo das Pontes intentouno todo, pero estaba visto que non tiña o seu día e, por el contrario, ós dez minutos do segundo tempo recibe outro gol por obra do pontés Roi e un minuto despois Pelu lograba o que ó final sería o tanto da honra dos ponteses. Houbo ocasións para os dous equipos, que xogaron, sobre todo os vilalbeses, como se lles fose a vida no choque, pero o marcador xa non se movería, rematando o encontro con vitoria visitante nun partido un tanto bronco, tanto na pista coma nas gradas con lanzamento de obxectos á pista ó final do mesmo.
esteo


FICHA DO PARTIDO
O ESTEO FS: Iván, Gerardo, Fran, Héctor, Bolly –cinco inicial- Rubi, Pelu, Gerveno e Diego Pellón.
VILALBA F.S.: Agus, Piña, Roi, Aitor, Luka –cinco inicial- Luis, Chicharito, Yago, Peón, Joel e Paulo.
ÁRBITROS: González Lubian (Pontevedra) e Vilas Martinez (Santiago). Amoestaron a Fran, Gerveno e Diego, do Esteo, e a Piña, Aitor, Luis, Yago e Peón, do Vilalba. Foi expulsado Pelu, do Esteo.
GOLES: Min. 8 (0-1), Luis. Min. 30 (0-2), Roi. Min.31 (1-2), Pelu.
INCIDENCIAS: Partido da Terceira División de fútbol sala disputado no pavillón municipal das Pontes, que rexistrou unha boa entrada, uns 300 espectadores, con presenza de numerosos afeccionados vilalbeses.
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios