Amigus
As Pontes

RAQUEL BÉJAR CASTRO, UNHA PONTESA NA SELECCIÓN GALEGA DE FÚTBOL. POR XOSE FERREIRO.

Raquel Béjar Castro (As Pontes 30-01-1998) leva sete anos xogando nas categorías inferiores do C.D. As Pontes. Durante esta tempada, 2012-13, e a pesar de ter un ano menos, foi convocada pola selección galega sub16 para disputar o Campionato de España, torneo no que a selección cadete de Galicia quedou a un punto de clasificarse para as semifinais despois de gañar a Canarias (1-0), Extremadura (2-0), empatar con Baleares (1-1), e perder coa selección de Madrid (1-2). A pesares de que o fútbol feminino apenas leva cinco anos de andaina oficial en As Pontes, Raquel convertiuse na cuarta futbolista local en xogar na selección galega, tras Paty Blanco, Yaiza Paleo e Malena Mieres. Quixemos falar un pouco con ela sobre a súa experiencia coa selección, os seus anos no As Pontes, e a súa vida en xeral.
raquel


Sobre a súa experiencia na selección galega dinos Raquel que “a primeira convocatoria, entereime por Suso, o delegado, estaba nun adestramento, quedei moi sorprendida e fÍxome moita ilusión. Cando xoguei por primeira vez estaba defendendo ás cores da selección galega e estaba moi orgullosa delo”. Sobre as compañeiras de equipo “direiche que me aceptaron moi ben no grupo, porque nun principio pensei que non ía a ser así, a máis simpática era Nerea, do Orzán, e a que máis me impresionou como xogaba era Irina, do Tomiño, que ademáis era a maior do grupo e a máis alta”. Sobre os partidos da competición “Os catro partidos en si foron moi reñidos, nos dous primeiros contra Canarias e Baleares entrei de suplente. Contra Madrid perdemos no último segundo, que nos meteron un gol de falta, o que nos deixou fora da fase final. Logo contra Extremadura gañamos 2-0, e ese partido xogueino completo”. Sobre o nivel das seleccións “a mellor selección contra a que xogamos foi a de Madrid, e para min a súa mellor xogadora era unha peliroxa que xogaba na defensa, pero na miña opinión a mellor xogadora da competición foi a dianteira de Extremadura, que levaba o número 11”. O mellor momento do Campionato “foi cando lle metemos o gol á Comunidade de Madrid, que nos alegrou moito a todas”.
raquel
raquel
raquel
raquel
raquel
raquel
raquel
Falanos Raquel dos seus anos nas categorías inferiores do CD As Pontes “nas sete tempadas, con esta, que levo aquí, todos os momentos foron felices para min, exceptuando os partidos que perdemos. Quizais o mellor gol que marquei foi un de falta contra o Racing de Ferrol, que nos puxo por diante no marcador. E tamén recordo, en infantís de primeiro ano, tamén contra o Racing de Ferrol, o que considero que foi o meu mellor partido, porque o seu dianteiro non conseguía regatearme”. Sobre a súa andaina e a do seu equipo, o cadete dirixido por Marcos Bouza “Pareceme que o noso rendemento ata o de agora foi moi bo, anque se non nos despistaramos creo que poderíamos haber quedado de primeiros de grupo e chegar á final de Copa. Na Liga, quitando algúns partidos malos, creo que podemos incluso acabar no segundo posto, por detrás do Galicia de Caranza e por diante do Val”.
raquel
raquel
raquel
raquel
raquel
raquel
raquel
raquel
Sobre o seu xogo dinos Raquel que “a zona do campo que máis me gusta é a banda, xa que eu xogo de interior esquerdo, anque tamén me gusta xogar de medio centro. Como virtudes eu creo que son hábil co balón, rápida, teño bos pases e amplia visión do campo, defectos, quizais que moitas veces entrego demasiado o balón, en lugar de facer a xogada de gol eu mesma, cousa que de pequena non me pasaba”. Sobre o equipo feminino “Gustaríame xogar coas cativas dentro de dous anos, e intentar que o equipo suba de categoría e gañe a Liga”. Sobre o seu equipo e xogador favorito non se complica moito “Gustame o FC Barcelona e Messi, anque tamén che confeso que últimamente estao facendo moi ben Varane, o xove central do Real Madrid”.
raquel
raquel
raquel
raquel
raquel
raquel
raquel
raquel
raquel
raquel
Raquel non so é unha prometedora futbolista do equipo azul senón que é unha deportista multidisciplinar, e brillante, pois en 2010 foi nin máis nin menos que campiona galega infantil de Karate en Santiago, vencendo para elo a prometedoras karatecas locais e tamén de Ferrol “Si, fago Kárate dende ben pequena, como che dixen quedei campiona galega infantil en Kumite, en Santiago, e o ano pasado examineime do cinturón negro. Tamén practico tenis, no verán Piraguismo, fun a un campionato galego en Verducido e quedei de 13ª, tamén participo nas carreiras de San Xose dende ben pequena, onde o paso moi ben competindo, quedei primeira, segunda e tamén terceira, e cheguei a practicar patinaxe artístico, ximnasia rítmica e natación, pero polos estudos tiven que deixar de facer algúns deportes”.
raquel
raquel
Raquel fai a vida diaria de calquer cativa en idade escolar “Vou ó colexio tódolos días de 8:30 a 14:10, excepto os luns, que tamén temos clase de 16:00 a 17:40. A partir das 15:30 teño conservatorio, e xa logo vou a adestrar pola tarde nos deportes que practico”. As súas afeccións e o seu tempo libre invírteo “en xogar ó tenis, ir en bicicleta, patinar, pasear cos cans, escoitar música, ir ó cine, coñecer praias e ir por ahí de paseo”.
Fotos cortesía de Antón Ferreiro
Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios