Amigus
As Pontes

Nota de prensa do BNG: O BNG RECLAMA NO CONCELLO A CREACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO

No último ano, o Concello pagou máis de 150.000Є en horas extras.
As Pontes, 12 de xullo de 2013.- O BNG ven de rexistrar unha solicitude no Concello para plantexar, de novo, a creación dunha bolsa de emprego, que podería aplicarse xa para as festas do Carme e a Fraga, para as que o Concello concede unha subvención de 179.500Є.
A proposta nacionalista, baseada nun criterio de reparto do traballo, contempla a contratación laboral nos servizos con traballos transitorios, esporádicos, e/ou periódicos, nomeadamente nos que dan lugar á realización de horas extraordinarias (festas, conservación e mantemento, carpa, colaboracións con entidades asociativas locais, …).
Dende xaneiro de 2012 até marzo de 2013, o goberno municipal pagou máis de 150.000Є en horas extras, a maiores dos días libres por compensación, realizadas por 106 traballadores, tamén polo persoal de acumulación de tarefas e auxiliares de policía local; nalgúns casos, o número de horas multiplicaba por 5 ou 6 o máximo legal permitido.
Por servizos, os que aportan persoal para a realización das festas (obras, cultura, deportes, policía local, rtv) representan máis do 80% do gasto e do 70% en persoal.
Para o BNG, as festas supoñen unha boa oportunidade para implantar a bolsa de emprego xa que en 2011, só no departamento de obras e servizos, adicáronse ás actividades festivas un total de 1711 horas extras e 31 traballadores.
En resumo, a proposta é simple: o mesmo gasto e un mellor reparto nun contexto con máis de 1000 desempregados. É cuestión de xustiza e, sobre de todo, vontade política.
Asemblea Local do BNG das Pontes

También podría gustarte
Comentarios