Nesta Liga interminable que teñen as pobres cativas; o resto de equipos xa acabaron hai tempo e aquí incluso restan varias xornadas; magnífico triunfo do feminino pontés 3-2, que se adiantou 2-0 cos tantos de Indira e Carlota, e pese ao empate visitante, un tanto de Noelia Ameneiro daba os tres puntos ás de Jose Seco.
Magnífica primeira posición con 18 puntos e seis triunfos consecutivos, pese a que restan dúas xornadas como visitante, ante Dorneda, inmediato perseguidor empatado a puntos, e Laracha, e unha como local, ante o Relámpago.
Xogaron Laura, Lucía, Indira, Noelia, Sara, Carlota, Nerea, Kenin. Encontro arbitrado por Julen Martínez Galego.
Nova cortesía de Xose Ferreiro
























































Nova cortesía de Xose Ferreiro