Amigus
As Pontes

IRMANDADE AS PONTES-LESNEVEN-CARMARTHEN: CURSOS DE FRANCÉS E INGLÉS 2013/14

Escudo-Irmandade.jpgA Irmandade As Pontes-Lesneven-Carmarthen convoca unha nova edición dos cursos de francés e inglés dirixidos a adultos e escolares. As clases serán de iniciación e perfeccionamento. As de lingua francesa, que tiveron o seu inicio no ano 1992, serán os luns e mércores (de 20,00 a 21,30) e as de inglés, os martes e xoves, tamén de 20,00 a 21,30, e serán impartidas no edificio de cultura “Casa Dopeso”. Requírese un mínimo de seis alumnos por clase.
O inicio dos cursos está previsto para o vindeiro 1 de outubro. Para inscrición e máis información os interesados poden facelo ó correo-e irponlescar@hotmail.com ou chamar, antes do 30 de setembro, ó teléfono 662.393.596.
A Irmandade pontesa tamén está a traballar no próximo intercambio coa cidade de Lesneven, que será na cidade bretoa na primeira quincena de agosto de 2014. Sinalar que dende 1991 lévanse realizado trinta e un encontros de cidadáns europeos, máis os intercambios escolares, cunha participación que supera as 1.500 persoas.

También podría gustarte
Comentarios