TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES 0 – UD BARBADÁS 2
Victoria merecida do único conxunto ourensán da categoría, que confirma o que moitos pensaban, que é un claro candidato a ocupar un dos postos de play off, e que ó mesmo tempo confirma que calquera dos 20 equipos desta categoría saben facer lápices e que haberá que traballar moi duro, primeiro, pra salvarse, e despois, xa se verá, paso a paso.
Hoxe había tres baixas de categoría, Bossa, Chicho e Pablo López, anque iso non xustifica o frouxo partido realizado. Avisou Iván González cun disparo lonxano (7´), pero foi Amado o que tivo a ocasión máis clara, queda so ante Berto, pero trastabillase no remate (11´). Non perdoaron os visitantes e acto seguido Martín Pérez por banda dereita alcanza a liña de fondo ante a pouca contundencia defensiva e case sen ángulo bate a Kiko (12´).
O As Pontes, a pesar de intentalo, so puido responder con certo perigo nun disparo dende fora da área de Arias que rebota nun defensa e casi acaba no fondo das mallas (20´). Nun bo saque de Iván de extratexia non chega Aitor (37´). Incluso antes do descanso puido aumentar a ventaxa o cadro vermello, nun balón peiteado hacia atrás por Martín Fdez que non entra milagrosamente (42´).
Na segunda metade chegou a sentencia, Martín Fdez cabalga por banda dereita sin que ninguén lle entre, centra hacia atrás, ninguén consigue despexar, e o ex culé Moisés Pereiro está listo coa caña preparada para poñer o 0-2 definitivo (57´). Boa fichaxe a do cadro ourensán, o media punta de 33 anos, que xogara o Mundialiño Xuvenil coa selección española “Uruguay 1998”, Brasil (0-3), Arxentina (1-2), Chile (3-2) e Uruguay (2-0), e que estivera a piques de ser seleccionado pra xogar o Mundial sub20 de Nixeria 1999 que gañou España.
O As Pontes queimou todas as naves, sacando toda a artillería, pero hoxe semellaba que anque xogaran máis tempo do reglamentario non entraría o gol. Pouco despois do 0-2 os azuis tiveron a mellor ocasión tras un saque de falta de Iván González que cabecea, creemos que Aitor chega antes que Chote, á cruceta (62´). Tras un saque de falta que pillou desprevenida á defensa visitante tira Pablo, despexa Berto, e o posterior rexeite acaba nos pes de Amado que en posición inmellorable manda o balón moi alto (66´). Xogada curiosa a de Arias que se vai por banda esquerda, gaña a liña de fondo, tira, o rexeite de Berto rebota no corpo de Sergio, o balón pasease pola liña, parece que entra, despexao un defensa, e en posición inmellorable, Iván mandaa fora (81´).
Merecidos tres puntos do conxunto ourensán que escala ata a novena posición. Por sorte o As Pontes mantense sexto con 12 puntos, e o que é máis importante, segue alonxando o descenso en sete puntos a pesar de ter que visitar Pasarón o próximo domingo na saída máis difícil. Por riba está o sorprendente Arousa con 17, Boiro e Cerceda con 15, mentres que Ordes e un embalado Laracha teñen 13. Tres ascendidos entre os cinco primeiros nunha liga tola na que calquera pode gañar a calquera.
CD As Pontes. Kiko, Rochela, Jorge Nano, Chote, Aitor, Dani (Fidi 70´), Iván González, Santi (Alex Cabarcos 60´), Sergio Arias, David Amado, Pablo Domínguez (Borja 75´).
Barbadás: Berto, Jorge, Alfredo, Iago, César, Nacho Currás, Martín Pérez (Hugo 88´), Nuno, Martín Fernández (Da Fonte 83´), Moisés Pereiro, Cristian.
Goles: 0-1, Martín Pérez (12´). 0-2, Moisés Pereiro (57´).
Campo e incidencias: Campo de O Poboado. Uns 200 espectadores en tarde soleada.
Árbitro: Cives Enjo (A Coruña). Auxiliado nas bandas por Calvo Pérez e Zas Vazquez. Amonestou a Rochela, Chote, Amado, Alex Cabarcos, Berto, Iago, César, Martín Fernández e Da Fonte.
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.