RESULTADOS DA FIN DE SEMANA DO CD AS PONTES. 4-6 OUTUBRO 2013

Bo triunfo do segundo equipo pontés, As Pontes B, que venceu 0-2 en Narahío, o que os deixa con catro puntos en dous encontros á espera de recibir ó perigoso Mandiá. Son sextos detrás de Cedeira, Caranza e Ortigueira, que suman pleno de vitorias, e empatados con Numancia, A Capela e San Mateo.
Sufrido empate do equipo xuvenil de Liga Galega, que suma dous puntos nas catro primeiras xornadas.
Dominou o conxunto nicrariense a primeira metade e asi marchou con 0-1 no marcador ó descanso e incluso mandou un tiro ó longueiro. Saiu algo mellor o equipo azul na segunda metade e así tras un penalti cometido sobre David Rey conseguiu empatar o bo central Gonza (60´).
Pero sufriron moito os azuis de ahí ó final do encontro pois no 78´ o adestrador visitante debeu levar un bo enfado cando libres de marca o dianteiro cabecea hacia atrás e o balón pega no longueiro e no posterior rexeite en boca de gol, a un metro, o medio centro manda o balón por alto (78´).
Aínda tivo unha última oportunidade o cadro vermello no desconto, pero o porteiro Ángel sacou as luvas para salvar un valioso punto (93´), nun equipo pontés moi rexuvenecido e case por completo made in As Pontes, con 14 dos 15 futbolistas xurdidos da canteira, e 8 de primeiro ano.
Anque aínda quedan 30 xornadas situase o equipo cuarto pola cola, posición que marca a criba do descenso, pois como todolos anos dependese da División de Honra e da Liga Nacional, e a día de hoxe hai dous descensos directos e dous arrastres momentáneos.
Como comentamos, en situación máis ou menos perigosa Betanzos, As Pontes, Ural e Atlético Fátima con 2 puntos e o Imperátor que aínda non puntuou. Un partido clave xoga o As Pontes o vindeiro sábado na terra do repolo ante un rival directo.
Xogaron polos de Felipe Mieres, Ángel, Moi, Jandro (Caínzos 91´), Gonza, Marcos, Esteban, Nahum (Alex Fernández 67´), Iván, David Rey (Tiny 60´), Brais e Diego (Jorge 79´).
xuvenil


xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
Segue sen tomarlle o pulso o equipo cadete á competición de Copa e onte empatou en Ferrol ante o Racing de Ferrol B (0-0). Novenos cun punto reciben ó Val o vindeiro sábado.
Paso atrás do infantil que perdeu ante un rival directo, Portuarios (2-3), que se puxo 0-3, e a pesar de que conseguiu achegarselle a un tanto no tramo final, non puido ser, e por outra banda veu como os rivais directos, Racing de Ferrol B, O Val e San Pedro lograron os tres puntos nesta xornada. Precisamente o vindeiro sábado visitarán ó San Pedro para apurar as derradeiras opcións de aspirar ó primeiro posto.
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
O Alevín A empatou en Ferrol ante o Ánimas (1-1) e situase terceiro con 7 puntos, á espera de recibir ó segundo, Portuarios. O Alevín B perdeu 2-5 ante o Perlío e agarda sumar o seu primeiro punto a semana que ven ante a Cultural Maniños, que está na mesma situación.
O Benxamín A gañou 2-1 ó Narón BP B e xa suma 6 puntos na cuarta posición á espera de visitar ó terceiro, Libunca. Namentres o Benxamín B perdeu 12-0 ante o EFR Ferrol e espera resarcirse na visita do colista Cedeira B.
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
O Prebenxamín A perdeu 5-9 co EFR Ferrol e mantense cuarto con seis puntos antes de visitar ó Val, terceiro. A piques estivo o Prebenxamín B de sumar o seu primeiro punto pero perdeu 4-3 ante o EFR Ferrol C, coa complicada visita do imbatido Perlío a vindeira semana no Poboado.
Máis información en http://aspontesenfeminino.wordpress.com/ e http://www.cdaspontes.es/
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios