ESMORÍS E FORNOS, CONVOCADOS POLA SELECCIÓN GALEGA

Volven as selección galegas esta semana e fanno con dous convocados de ámbito local.
O primeiro e novidade, Fran Esmorís (1989), o medio centro de Cerdido, que chegou para reforzar o equipo xuvenil pontés na División de Honra na tempada 2007-08 ata chegar a facerse un oco no primeiro plantel ata o día de hoxe.
A selección galega de afeccionados enfrontarase este mércores 6 a partir das 16:00 no Campo de Fragoselo en Coruxo ó equipo locatario, que milita na Segunda División B.
Pola súa banda Enrique Fornos volve a ser convocado pola selección galega sub18, nesta ocasión para enfrontarse nin máis nin menos que ó Rapido de Bouzas da Terceira División este martes 5 a partir das 16:00 no campo do equipo local, no vigués Baltasar Pujales.
seleccion-galega.jpg


Na selección galega de afeccionados, Milucho convocou a 22 xogadores:
Racing C Vilalbés: Jose Castro, Justino Campello, Efrén Rodríguez, Alejandro Pérez
UD Somozas: Jose Manuel González, Alejandro Bao, Roberto Baleato
CD Boiro: Alberto Rendo, Adrián Armental, Hugo Soto
Rápido de Bouzas: Pablo Fernández, Rubén García
Ordes SD: Mario Barreiro, David Rey
Laracha CF: Denis López, Raúl Añón
Pontevedra CF: Luis Miguel Rincón
CCD Cerceda: Diego López
CD Choco: Carlos Rodríguez
UD Barbadás: Martín Fernández
CD Dorneda: Oladapo Oladipo
CD As Pontes: Francisco Esmorís
Da selección galega sub18 acuden 19 xogadores, dos que probablemente saian os 18 convocados definitivos:
RC Celta de Vigo: Diego Alende, Brais Méndez, Fede Varela, Iván Villar
RC Deportivo de A Coruña: Ángel Fernández, Óscar García, Hugo Díaz, Enrique Fornos
Pavillón Ourense: Gorka Grande, Martín Torres, Saúl González
CD Lerez: Alejandro Sánchez, Jose Filgueira, Iago Martínez
CD Lugo: Daniel Pedrosa, Alberto Vilariño
CD Areosa: Andrés Pérez, Raúl Espinosa
Porriño Industrial: Maykel Barbosa
Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios